Información
Localidades de Galicia

O Concelleiro do Grupo Mixto Municipal de Oia critica ao goberno pola súa parálise ante os problemas do mosteiro e por non cumprir a lei de patrimonio de Galicia

Información
11 Julio 2018 1150 votos

Logo de intentar impulsar un acordo aprobado por unanimidade por toda a

corporación municipal para catalogar o entorno do mosteiro como conxunto

histórico artístico.

Dende o grupo mixto insistimos na necesidade de que o

concello de Oia adopte as medidas cautelares necesarias para salvagardar e

recuperar os bens que ven a súa integridade e valor ameazados.

Denunciamos que os derrubos do tellado do Mosteiro do 8 de decembro e o do

catorce de xaneiro constitúen un grave dano a súa integridade. Estes son

consecuencia do incumprimento da lei e do deber de conservación por parte do

propietario.

Os artigos 3.2.b da lei do patrimonio cultural de Galicia obriga ó concello

establecer medidas cautelares.

Dende Movemento Oia insistimos que se remita a correspondente instancia á

Xunta de Galicia comunicando os feitos relatados e inste para que se aplique o

artigo 51. así como as sancións pertinentes que marca a citada lei ante as

gravísimas infraccións inxustificadas que atentan contra o noso Patrimonio.

Unha situación que o Concelleiro do Grupo Mixto de Oia considera insostible

por non garantir o futuro do Cenobio, como esixiron os veciños do municipio

que o pasado mes de decembro de 2017 presentaron unha moción reclamando

a expropiación do mosteiro que foi aprobada por toda a corporación municipal

en maioría. por un cambio de rumbo que sacase ao mosteiro do inmobilismo.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi