Información
Localidades de Galicia

O Festival do Viño da Ribeira Sacra exclúe o galego

Información
20 Junio 2018 535 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Mesa pola Normalización Lingüística anima os consellos reguladores das DO de viños galegos a estenderen o uso do galego

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a exclusión do galego no Festival do Viño da Ribeira Sacra organizado pola denominación de orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos e que conta co apoio da Xunta de Galiza e as Deputacións de Lugo e Ourense.

 

O Consello Regulador da DO Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, organizan por segundo ano consecutivo, o Festival do Viño da Ribeira Sacra, que terá lugar no paseo do Malecón de Monforte de Lemos, na beira do río Cabe, os días 6, 7, e 8 de xullo. O Festival ten o nome en galego mais a páxina web, o cartaz e a case totalidade das comunicacións están en castelán.

O Estatuto de autonomía de Galiza dispón no seu artigo 5 que “a lingua propia de Galiza é o galego”, e que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, indica no seu artigo 4.1 que «o galego, como lingua propia de Galiza, é lingua oficial das institucións da comunidade autónoma, da súa administración, da administración local e das entidades públicas dependentes da comunidade autónoma ».

Do mesmo xeito, empregando só o castelán están a incumprir o apartado c) do artigo 13 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias no que se rexeitan as prácticas que tendan a desmotivar o uso das linguas rexionais ou minoritarias na marco das actividades económicas ou sociais.

Desde a Mesa lémbranlle á Xunta de Galiza, ás Deputacións de Lugo e Ourense e ao Concello de Monforte de Lemos a obriga de promoveren a lingua galega e exixírenlles ao consello regulador da DO da Ribeira Sacra que non exclúa o galego do Festival do Viño da Ribeira Sacra.

A Mesa pola Normalización Lingüística a través dun escrito dirixirase aos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos para animalos a estenderen o uso do galego na documentación, redes sociais, publicidade, actas, reunións...

As adegas que etiquetan en galego, moitas delas da Ribeira Sacra, xeran valor engadido aos produtos, pois o uso da lingua galega é un factor positivo para diferénciarse no mercado e tamén para marcaren a calidade e a orixe do viño.

Por outra banda os Consellos Reguladores deben ter en conta os dereitos das persoas consumidoras, atendendo á Lei 2/2012 de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias recolle o dereito a recibir e ter produtos etiquetados na súa lingua, así como tamén os poderes públicos deberán incentivar o uso do galego neste ámbito. Neste sentido cómpre lembrar como a Mesa desenvolveu unha exitosa campaña social mediante unha iniciativa lexislativa popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico e que tivo un respaldo social moi importante con preto de 30.000 sinaturas e apoio de institucións e entidades.

Unha análise do uso que os Consellos Reguladores das cinco denominacións de orixe de viños galegos fan do galego nas súas páxinas web mostra que queda moito para a normalización do galego. Nesta análise só se contemplan as DO de viños, omitindo as indicacións xeográficas protexidas por careceren estas de páxinas web “oficiais”.

lineaazul 1600

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...

El 22 de febrero, Lume de Biqueira, la banda de gaitas...

A Marinha realiza no próximo dia 19 de fevereiro, na Esquadrilha...

O secretario Xeral da CIG, Paulo Carril, compareceu esta mañá...