Información
Localidades de Galicia

242.000 euros na mellora do camiño de acceso ás Fragas do Eume

Información
19 Junio 2018 531 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Deputación e o Concello da Capela investirán 242.000 euros na mellora do camiño de acceso ás Fragas do Eume

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde da Capela, Manuel Meizoso, asinarán nas vindeiras semanas un convenio para o financiamento das obras de mellora dos camiños de acceso ás Fragas do Eume. Os traballos suporán un investimento de 241.977,75 euros dos que o 80% (193.582,20 €) serán achegados pola Deputación e o 20% restante polo Concello.

 

Os fondos para sufragar estas obras xa foron aprobados no último pleno provincial dentro dun expediente modificativo de créditos por importe de 11,5 millóns de euros, dos que algo máis de 4,36 millóns destinaranse a financiar numerosos investimentos singulares financieiramente sustentables nos concellos da provincia.

O proxecto contempla a mellora do camiño entre o núcleo principal de As Neves, preto da Casa do Concello, e o núcleo rural de Coto-Paces, un tramo de algo máis de 2 quilómetros que serve como acceso principal ás Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos mellor conservados de Euripa, con 9.000 hectáreas de extensión cuxos vertices se sitúan entre As Pontes, Pontedeume e Monfero.

Beirarrúas e cunetas de seguridade

As obras incluirán a renovación completa da capa de rodaxe do vial cunha capa de aglomerado en quente de 5 cm de espesor e a execución de novos tramos de beirarrúas de 1,80 metros de ancho que contribuirán a mellorar a seguridade peonil en dúas zonas do itinerario que suman preto de medio quilómetro e que actualmente carecen desta infraestrutura.

Tamén se executarán un total de 1,2 quilómetros de cuneta de seguridade revestida de formigón armado e dotarase á zona dun sistema de recollida de augas pluviais e preinstalación de tubaxe para o soterramento do alumeado público.

As obras incluirán tamén a limpeza das gavias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal da calzada e a dotación de nova sinalización horizontal e vertical.

Servizo estival de transporte a Caaveiro

Por outra banda, como cada verán, a partir do vindeiro venres 22 de xuño, a Deputación da Coruña, en colaboración co Concello da Capela e co Parque Natural das Fragas do Eume, porá ao dispor de dos visitantes ao mosteiro de Caaveiro un servizo gratuíto de transporte en autobús, co obxectivo de facilitar a accesibilidade ao cenobio e ás fragas na época de maior afluencia de visitantes, xa que a circulación de vehículos particulares está restrinxida durante o verán.

O servizo conectará o Centro de Interpretación co mosteiro e permanecerá en funcionamento todos os días da semana, entre as 10.30 h. e as 13.30 horas en horario de mañá e de 16.00 a 20.00 horas polas tardes, ata o vindeiro 8 de setembro.

O ano pasado, Caaveiro rexistrou unha gran afluencia de visitantes durante a época estival con picos de 10.123 e 13.270 visitantes durante os meses de xullo e agosto, respectivamente. A elo contribuíron as numerosas actividades culturais organizadas pola Deputación e o Concello da Capela no mosteiro e que gozaron dunha gran afluencia de público como "Noite no mosteiro" ou "Encontro coa historia", así como o servizo de visitas guiadas, que tamén volverá a estar dispoñibles durante este verán.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...