Información

Carmela Silva aumenta a medio millón de euros as axudas que xa recibían ás asociacións e clubs deportivos danificados da prirotecnia de TUY CERO EUROS

Información
XornalGalicia 18 Junio 2018 111 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Axudas ás asociacións e clubs deportivos da provincia

A Deputación de Pontevedra aprobou, en Xunta de Goberno, as bases das subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para actividades deportivas durante este ano 2018. O obxecto destas axudas é financiar os campionatos, actividades e eventos deportivos que levan a cabo clubs e entidades ao longo deste ano. O Goberno provincial achega a esta iniciativa un orzamento total de 500.000 euros, 50.000 euros máis que o ano pasado. En 2017 beneficiáronse destas partidas 196 entidades de 44 concellos diferentes.

 

Estas axudas para actividades deportivas de asociacións e clubs deportivos concédense en réxime de concorrencia competitiva, con criterios fixos e obxectivos. Segundo as bases aprobadas, os criterios a ter en conta serán: número de deportistas ou de equipos participantes, ámbito territorial do evento, antigüidade e consolidación do evento, número de xornadas do evento, orzamento de gastos e ingresos, achega da propia entidade para o financiamento, interese turístico da actividade e promoción do deporte base, feminino e de persoas con discapacidade funcional.

No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra xa ten aprobado outras axudas de apoio ao deporte da provincia cun importe total de preto de 2 millóns de euros: 600.000 euros destínanse aos clubs que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional, outros 775.000 euros son para os que compiten no ámbito nacional, e por último, unha partida de 500.000 euros achégase para o deporte náutico (remo, vela e piragüismo).

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi