Información
Localidades de Galicia

El PPdeG informa publicamente que no va a RENUNCIAR ALA CONCESIÖN de la MINA de Touro pongan comos e pongan los ciudadanos

Información
15 Junio 2018 335 votos

Martín Fernández lamenta que a oposición “estea xa en campaña electoral, creando medo e alarmismo entre a xente na busca de réditos electorais”

 

 

O Grupo Popular reitera que “as cousas vanse seguir facendo con esixencia máxima” respecto do proxecto da mina de Touro-O Pino

 

  • Nós respectamos e confiamos no que digan os técnicos, polo que non lle imos pedir a un goberno que faga algo sen ter o aval dos funcionarios”, sinalou

Santiago, 15 de xuño de 2018.- O deputado do Grupo Popular Martín Fernández Prado trasladou hoxe “a seguridade á cidadanía de que as cousas se van seguir facendo con esixencia máxima, tanto na tramitación como nos controis das augas” respecto ao proxecto da mina de Touro e O Pino. Neste sentido, lamentou que os grupos da oposición “estean xa en campaña electoral, creando medo e alarmismo entre a xente na busca de réditos electorais”.

 

Martín Fernández lembrou que a normativa pola que se está a tramitar este proxecto mineiro “é a aprobada por socialistas e nacionalistas na súa etapa de Goberno bipartito na Xunta” e subliñou que “estase demostrando que o actual Goberno galego ten un compromiso de máxima esixencia, transparencia e rigor administrativo e legal”.

 

INFORMES TÉCNICOS

 

Nós respectamos e confiamos no que digan os técnicos, polo que non lle imos pedir a un goberno que faga algo sen ter o aval dos funcionarios”, sinalou.

 

Respecto do control da calidade das augas do río Ulla e da posible afección á ría de Arousa, Martín Fernández recoñeceu que “o sector poida estar preocupado, pero estase a aportar toda a información que necesiten desde a Administración galega”. Neste sentido, indicou que xa se celebraron reunións co sector para darlle traslado de toda a información, ao tempo que existe o compromiso da Xunta de redobrar o sistema de control dos vertidos da mina mediante un plan conxunto entre Augas de Galicia, Laboratorio de Medio Ambiente e INTECMAR

 

GABINETE DE COMUNICACIÓN DO

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR DE GALICIA.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi