Información

A Unión Europea da un plazo de dous meses con un "duro dictame a Xunta" para que demostre a protección de páxaros protexidos en Galicia

Información
XornalGalicia 15 Junio 2018 103 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Comunidades Autónomas, entre as que se atopa Galicia, pola captura de frinxílidos,

concluíndo que se ten incumprido a Directiva Aves e dando un prazo de dous meses

para a adopción de medidas.

 

No caso de Galicia o dictame indica que parte da propia resposta da administración

contradí o propio argumento de manter as poboacións en catividade, en base o que se

xustificou a excepcionalidade deste tipo de capturas.

Xa en setembro de 2011 a Sociedade Galega de Ornitoloxía tiña denunciado diante da

fiscalía de Medio Ambiente as irregularidades destas prácticas consentidas tantos anos

pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (actual Dirección Xeral de

Patrimonio Natural) da Xunta de Galicia concedendo permisos a diferentes

asociacións de silvestristas.

Non hai dubida algunha para a Comisión Europea: 9 comunidades autónomas (Rexión de

Murcia, Comunidade Valenciana, Andalucía, Aragón, Castilla-La Mancha, Extremadura,

Galicia, A Rioxa e Madrid) e as dúas cidades autónomas teñen incumprido as obrigas

derivadas dos artigos 5 (protección xeral das aves), 8 (captura masiva, uso de redes) e 9

(réxime de excepcións) da Directiva Aves.

As autoridades comunitarias chegan a dita conclusión tras analizar 87 feitos nun dictame de

64 páxinas onde se recollen as sucesivas advertencias e peticións de información que se

teñen realizado dende Bruxelas as diferentes Comunidades Autónomas e que non

conseguiran paralizar, como pedían diferentes organizacións conservacionistas dende hai

moitos anos, a captura de aves silvestres para mantelas en catividade.

No caso concreto de Galicia, o dictame da Comisión recolle que si ben a captura de

frinxílidos estaba destinada supostamente a manter a cría en catividade, a administración

competente non ten dado ningunha explicación fundada que xustifique que a poboación

cativa existente fora insuficiente para manter ditas poboacións. Así mesmo, entrando en

contradicións na súa propia resposta, a administración galega, informa da norma de soltar

exemplares capturados que non se consideran aptos para o canto, e que non se destinan a

manter esa poboación en catividade.

Sociedade Galega de Ornitoloxia

En setembro de 2011, a SGO xa tiña presentado ante a Fiscalía de Medio Ambiente unha

denuncia contra a Dirección Xeral de Conservación da Xunta de Galicia, por estes feitos,

ante a concesión de permisos de forma reiterada para a captura de frinxílidos por parte de

diferentes asociacións de silvestristas, amparándose arbitrariamente nunhas excepcións da

Directiva de Aves a fin de xustificar ditas prácticas, o que agora a Comisión Europa co

actual Dictame ven considerar unha xustificación irregular e empraza ao Reino de España a

adoptar as medidas pertinentes a fin de acatar o Dictame no prazo de dous meses.

Cabe apuntar que a devandita denuncia foi rexeitada pola Fiscalía de Medio Ambiente

como non constitutiva de delito naquel momento.

NOTA: Os frinxílidos son unha familia de aves entre os que se atopan o xílgaro, o

verderolo, o xirín ou o pimpím.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi