Información

CARTA ABERTA ÁS AAVV DO MUNICIPIO DE OURENSE

Información
XornalGalicia 12 Junio 2018 83 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

LAMENTABLE ESTADO DOS PARQUES E XARDÍNS DA CIDADE: A CONCESIONARIA NON CUMPRE E O CONCELLO MIRA PARA OUTRO LADO

 

Vimos asistindo dende hai meses como o mantemento de parques e xardíns do noso concello é,

canto menos deficiente. Día sí e día tamén, vemos publicadas nos medios de comunicación local as

queixas dos veciños e veciñas de Ourense sobre a situación deplorable na que se atopan as zonas

axardinadas da capital.

Por esto nos diriximos a vostedes para explicarlles a situación e os motivos que, ao noso entender,

levaron a que os nosos parques e xardíns se atopen na pior situación de todos os tempos:

O Concello de Ourense concedeulle a concesión do mantemento de parques e xardíns á

empresa Valoriza o 17 de agosto de 2017, subrogando a 17 dos 18 traballadores e traballadoras

que tiña a concesionaria anterior, que sempre mantivo traballando a 18 persoas, aumentando ata

21 nas épocas de mais carga de traballo.

Actualmente, Valoriza, a pesar de ter 17 persoas na plica, ten traballando só a 15, a pesares de

ter 100.000 m2 mais que manter ca concesionaria anterior.

Este número de traballadores e traballadoras (15) é a todas luces insuficiente para manter

todos os espazos que ten encomendados e mais tendo en conta a ampliación de espazos

antedita.

CCOO ven denunciando que Valoriza non cubre as carencias de persoal en situación de IT (baixa

médica), nin descansos, polo que a carga de traballo está sobredimensionada para o persoal

dispoñible.

Valoriza incumpre o estipulado respecto da instalación de rega automática e non dispón de

camión cisterna para as zonas sin instalación de rega.

Valoriza non corta o césped, nin está repondo tódolos anos o 15% establecido no pliego.

Todo esto leva a un deterioro do servizo público e das condicións laborais do persoal da

concesionaria, que se ve superado pola carga de traballo, ao aumentar as zonas e reducirse a

plantilla.

Mentras tanto, o Concello de Ourense, contratante do servizo cos cartos dos nosos impostos, mira

para outro lado e permite o paulatino detioro dos espazos axardinados da nosa cidade.

Por todo esto, CCOO ven de convocar mobilizacións do persoal deste servizo tódolos venres díante

do Concello en demanda dun aumento de plantilla que permita o mantemento axeitado dos

parques e xardíns do municipio e a prestación deste servizo público con calidade, de xeito que

permita a recuperación destes espazos do seu abandono actual, situación da que non son culpables

os traballadores e traballadoras da empresa, que se ven superados pola carga de traballo.

Animamos ao conxunto da cidadanía a participar destas protestas tódolos venres deste mes

de xuño, xa que é un servizo que se contrata cos impostos dos cidadáns e cidadás e temos

dereito a que se preste coa calidade correspondente e a esixencia desta calidade lle

corresponde ao Concello de Ourense como xestor dos nosos impostos e contratante da

prestación deste servizo.

Venres 15 de xuño. Ás 12:00 h. díante do Concello

Venres 22 e 29 de xuño. Ás 12:00 díante do Concello.

Secretaría Xeral - Unión Intercomarcal de Ourense-Valdeorras

S.N. de Comisións Obreiras de Galicia

(Parque de San Lázaro, 12-3.ª planta 32003 – Ourense)

Tel. 988391727 | Fax 988251400 | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | http://www.galicia.ccoo.es/ourense

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi