Información

SCDA Matamá campioa dunha emocionante e igualada final da Copa Deputación ante o Umia

Información
11 Junio 2018 228 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Copa Deputación

2.  Matamá:  Kily;  Nerea, Pipa Paz,  Ani,  Graza ( Xiana,  min. 61), Sara Porto, Lara, Natalia,  Pau (Lorena,  min. 54), Noelia e Sara  Debén.

 

1. Umia  C. F:  House; San (María,  min. 85), Jessica,  Domi,  Graci, Laura (Alba  Barral,  min. 20), Paula, Eva ( Vanesa,  min. 78),  Vero (Marga,  min. 55), Antía ( Yoli,  min. 68) e Alba  Ferré.

Goles: 1-0, minuto 32:  Pau. 2-0, minuto 79: Noelia Pereira. 2-1, minuto 88: Marga. 

Árbitro:  Elena Casal, do comité galego, con Sofía Gándara e Paula  Balboa nas bandas. Amoestou polo Umia a Alba  Barral,  Domi e  Yoli. 

Incidencias: Final da IV Copa  Deputación. Municipal de  As  Gaiandas en Gondomar. Asistiu a presidenta da  Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes, Chelo Besada e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, ademais dos alcaldes de Gondomar e Ribadumia. Excelente ambiente nas bancadas, con numerosos seguidores de ambos os dous equipos. Ao final do encontro, a presidenta da  Deputación baixou a felicitar persoalmente ao trío arbitral feminino que dirixiu o choque.

Nun partido con título en xogo non hai inimigo pequeno nin é tan relevante a diferenza de categoría. A 90 minutos todo é posible, e o Umia achegouse a ese soño. As Viquingas de  Barrantes plantaron cara a un conxunto vigués que buscou moito fútbol directo e que só se mostrou algo máis cómodo nos primeiros minutos do segundo período.

Antes, no sexto minuto, o Umia estivo a piques de darlle un susto de morte. Un erro da zaga, deses que apenas existen no xogo defensivo das de David Ferreiro, deixou o balón franco para  Albita (Alba  Ferré), que ante a saída desesperada de  Kily mandaba o balón fóra. É desas oportunidades que non se esquecen, como a de  Tania Penedo na semifinal co Sárdoma ante o que agora é o novo campión.

As de Moisés Campos perdían un valor seguro na medular. Paula Dapena lesionouse no quecemento. Aguantou canto puido pero tivo que retirarse. E o Umia perdeu  raseo e control de balón. O aviso dado polo opoñente alertou ao  Matamá, que empezou a buscar a portería a través de  Pau, cun par de lanzamentos atallados por " House".

Paula Alonso é un activo de enorme valor para Ferreiro. Un centro de Sara  Debén era rematado por ela de dereita. O balón saía fóra por pouco. Tres minutos despois, a mesma xogadora asinaba o 1-0. Recibía ao bordo da frontal da área, revolvíase e á media volta soltaba un  zurdazo seco e colocado, ao que non chegaba a estirada da meta  rojilla, o coiro tocaba o pau esquerdo e entraba. O favorito encarrilaba a final. Lonxe de vir abaixo, o Umia sacou o seu espírito guerreiro, o mesmo que lle levou á final sorprendendo en cuartos ao Arousá, o  sempiterno dominador do fútbol feminino na delegación de Pontevedra. Outra acción de  Ferré era sacada na liña pola central viguesa, con  Kily batida (minuto 37).

A segunda metade comezou de fronte para as amarelas. Unha combinación da liña dianteira deixaba a  Pau un lanzamento franco para sentenciar. Alto e desviado. Sara  Debén probaba fortuna. Paraba a porteira visitante. Sara Porto perdoaba. Facíase raro ver ao  Matamá tan  misericordioso. En quince minutos, tres ocasiones claras entre  Pau e Porto.

O seu rival iniciaba un carrusel de cambios buscando frescura e  voltear o senón do encontro. Antía, á saída dun saque de esquina, tivo o empate na súa cabeza. O croque fóiselle por pouco.

Noelia Pereira, un tanque crave no triunfo, habilitaba a Lorena, pero o seu remate de socato era salvado por  House botándose aos seus pés (minuto 53). A emoción pasaba dunha área a outra sen o máis mínimo descanso.

Como non hai dous sen tres, o Umia volveu a  coquetear co empate.  Yoli, aos poucos segundos da súa entrada no campo, disparaba fóra en inmellorable posición ( min. 69). Ata que apareceu Noelia.  Galopada, habilidade, velocidade e forza ante as centrais, das que se ía, e chute á dereita da meta viquinga para subir o 2-0. Faltaban só dez minutos.

Campos esgotaba os cambios e o premio á súa ambición táctica chegou no 43, cunha combinación definida por Marga para o 2-1. A bancada vibraba de paixón. Houbo tempo para que 9 sentenciase e  House, do mellor da final, impedíseo, e pouco máis.

O  Matamá convertíase no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa  Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o  Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.

Fotos

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi