Información

As rupturas matrimoniais descenden en Galicia

Información
11 Junio 2018 209 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O número de demandas de ruptura matrimonial (separacións e divorcios) presentadas en Galicia no primeiro trimestre do ano foi de 1185, fronte ás 1677 que se rexistraron no mesmo período do ano pasado, o que supón un descenso do 29,3 %, fronte ao 8,2 % de caída de media estatal. Esta baixada débese, polo menos en parte, á folga de funcionarios que desde febreiro afectou ao normal funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia. Poñendo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2018 obsérvase que o menor número de demandas por cada 10.000 habitantes deuse en Galicia no período estudado, con 4,4, fronte ao 6,2 de media estatal.




Segundo os datos feitos públicos hoxe pola Sección de Estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial, na comunidade descenden os divorcios consensuados (de 883 a 628, un 28,9 %) como os non consensuados (de 740 a 520, un 29,7 por cento). En relación ás separacións consensuadas, pasaron de 36 a 28 no primeiro trimestre do ano, mentres que as non consensuados pasaron de 18 a 9. Neste período non se rexistrou ningunha petición de nulidade matrimonial.



Nos tres primeiros meses do ano rexistrouse tamén unha caída interanual tanto nos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, como nos de modificación de medidas en procesos de separación e divorcio.

Así, entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo pasados iniciáronse 108 procedementos de modificación de medidas consensuadas, un 16,3 % menos que no mesmo período do ano anterior. As demandas de modificación de medidas non consensuadas pasaron de 488 a 387, un 20,7 por cento menos.



En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse 162 demandas de modificación de medidas consensuadas, fronte ás 275 do primeiro trimestre de 2017, o que supón un descenso do 41,1 %; e 349 demandas de modificación de medidas non consensuadas (378 o ano pasado), o que representa unha baixada interanual do 31,7 %.



As conclusións destes datos estatísticos teñen que ser interpretadas tendo en conta a folga de funcionarios levada a cabo desde o 7 de febreiro.



Achéganse os datos estatísticos, aos que tamén se pode acceder desde a páxina web:

http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica_Judicial">http://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Temas/Estadistica_Judicial

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi