Información

150 peregrinos sumáronse na última etapa do Camiño Santiago Muxía por Brandomil, que saíu dende Berdoias e finalizou na capela da Virxen da Barca en Muxía

Información
XornalGalicia 11 Junio 2018 138 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

caminoporbrandomilOs camiñantes que percorreron as 4 etapas recibiron as muxianas, como recoñecemento a realización deste percorrido Xacobeo de Santiago a Muxía.

 

Como nas etapas anteriores, mostrouse o apoio e axuda dos concellos de: A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo, así como todas as asociacións involucradas tanto identificación, limpeza como organización de: Lumieira (A Baña), San Luís da Pereira e Trotasendas (Santa Comba), Asociación Cultural Antes (Mazaricos), Grandimirum (Zas) e Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial Berdoias (Vimianzo).

Despois do éxito desta andaina por terceiro ano consecutivo, vaise seguir traballando con máis forza que nunca para continuar co recoñecemento deste camiño, con demostrado peso histórico, segundo os indicios recollidos no informe realizado polo recoñecido antropólogo Manuel Vilar e presentado en Patrimonio a comezos de este ano 2018, así que como presentado no acto realizado en novembro de 2017 na Ponte de Brandomil, onde asistiron máis de 300 persoas.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi