Información
Localidades de Galicia

O Goberno crea unha nova área para autocaravanas ao carón do MIHL que estará dispoñible para o Arde Lvcvs

Información
07 Junio 2018 502 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisarán este xoves pola tarde o inicio das obras impulsadas polo Goberno a través do Plan de Barrios para o acondicionamento dunha nova área para autocaravanas na cidade, ao carón do MIHL. Cun investimento de preto de 7.300€, este espazo terá tres prazas de estacionamento cun punto de servizos.

 

As obras comezaron hoxe e estarán finalizadas o vindeiro venres, día 15, polo que a área estará dispoñible para as festas do Arde Lvcvs. Deste xeito, durante os días nos que estea ocupada a explanada do Pavillón Municipal dos Deportes, como ocorre durante a celebración das festas do Arde Lvcvs e o San Froilán, os usuarios poderán empregar este novo punto.

Con esta actuación, o Goberno dá resposta á demanda realizada pola Asociación Galega de Autocaravanas. A cidade contará deste xeito cun total de tres puntos para o estacionamento deste tipo de vehículos, xa que este novo súmase aos dous existentes na explanadas do Pavillón Municipal dos Deportes.

Trátase da segunda obra que o Executivo de Lara Méndez pon en marcha no marco do Plan de Barrios, tras a licitación onte mesmo da reurbanización da rúa Torre de Doncos, nas Gándaras, que conta un orzamento de 176.000€. A día de hoxe, están contempladas máis de 50 actuacións dentro do plan de investimentos específico que  o Goberno incluíu nos Orzamentos para impulsar os barrios, dotado con 2,5M€.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...