Información
Localidades de Galicia

2,8 millóns de euros para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses en 2018

Información
21 Mayo 2018 340 votos

A través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2018 un orzamento 2,8 millóns de euros para apoiar aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

 

O organismo provincial publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que correponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio. A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Coristanco, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio.

Segundo subliñou o presidente provincial, Valentín González Formoso, a Deputación manterá en 2018 a súa aposta polo emprego como a principal prioridade e o eixo transversal de todas as súas políticas. Neste sentido, Formoso lembrou que a liña de apoio aos concellos do PEL, que nos exercicios 2016 e 2017 permitiu a creación de 996 postos de traballo nos concellos coruñeses, aspira a crear este ano arredor de 500 novos empregos, priorizando a inserción laboral das persoas con maiores dificultades.

Coa súa asignación do PEL- Concellos, os municipios coruñeses poderán financiar, ata o 31 de decembro de 2018, os custos salariais e de seguridade social derivados da contratación de novo persoal que se destinará á mellora dos servizos municipais básicos.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi