Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar pola morte de Ramón Chao

Información
21 Mayo 2018 1271 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento de Ramón Chao e trasladar o cariño de toda a profesión á familia e amigos do veterano xornalista e escritor.

 

Ramón Chao naceu en Vilalba en 1935. Tras marchar a París cunha bolsa, na capital francesa fíxose xornalista, entrando a traballar en Radio France “porque falaba galego”, segundo confesaba, “pois buscaban un locutor que soubese música e portugués”. En 1968 foi nomeado xefe do servizo cultural en español e portugués, e en 1980, redactor xefe de todas as emisións, culturais e informativas, en ambos os dous idiomas. Dirixiu emisión radiofónicas en lingua galega, prohibidas polo ditador Franco, e foi correspondente da revista Triunfo, mantendo siempre o contacto con Galicia e con España.

Foi colaborador habitual durante décadas na prensa e na televisión francesa e foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras polo Goberno de Francia en 1991. Destacou como crítico literario en Le Monde e polas súas colaboracións en Le Monde Diplomatique, publicación mensal dirixida pol xornalista Ignacio Ramonet. Escribiu máis de vinte libros, entre novelas e biografías, e foi candidato neste 2018 ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa. Este domingo 20 de maio falecía en Barcelona con 82 anos.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia , en nome do conxunto da profesión, quere expresar o seu fondo pesar pola morte deste profesional, figura clave na historia do xornalismo galego e internacional.

Xunta de Goberno

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...