Información

Pontón pide a Feixóo que abandone o radicalismo contra o galego

Información
XornalGalicia 17 Mayo 2018 173 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Queremos Galego 2018 5 Queremos Galego 2018 5 Na celebración do Día das Letras Galegas, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, salientou que o noso idioma “é unha riqueza que está en risco por un Estado que non recoñece que é plurilingüe e pluricultural”.

Desde as rúas de Compostela, a nacionalista pide ao presidente da Xunta que abandone o “radicalismo contra o galego e recupere o consenso en torno a nosa lingua”. Neste sentido, criticou que o Goberno de Feixóo  “non vive a lingua galega en positivo e con naturalidade” como si o fai a maioría da cidadanía do país que, fale ou non fale galego, si considera que é a lingua propia.

 

Queremos Galego 2018 3Pontón, na manifestación nacional convocada pola Plataforma Queremos galego, afirmou que a lingua galega é o que máis nos une e dá identidade como pobo, ao tempo que denunciou “o dano enorme” inflixido por Feixóo ao longo dunha década, “empeñado nunha estratexia para confrontar e crear división dende a mentira e o cinismo”, pese a que sabe que o acoso do PP deriva na perda falantes, especialmente dentro da mocidade.

Nunha situación de desigualdade como a que soporta o galego, é necesario aplicar medidas de apoio, “polo que volveu a pedir ao presidente da Xunta “que abandone o radicalismo contra o galego e as políticas de prohibición para volver ao consenso sobre o idioma”. Así, reclamou a Feixóo que deixe de utilizar o galego “como arma política”. “Defenda a lingua que nos une como país, patrimonio de todos e todas”, recalcou.

Queremos Galego 2018 2“O idioma debe ser un elemento de consenso e coa forza de todos os galegos e das galegas que hoxe percorremos as rúas de Compostela imos dar pasos adiante, en positivo, orgullos@s de ter unha lingua propia e de vivir nunha nación con identidade”, concluíu.