Información
Localidades de Galicia

Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna

Información
15 Mayo 2018 355 Votos

O Instituto da Lingua Galega da USC pon á disposición do público a través da súa páxina web o novo corpus lingüístico Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna , que reúne a produción escrita en lingua galega ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII e entre a que figuran varios textos descoñecidos ata o momento. O proxecto foi dirixido por Ernesto González Seoane e Rosario Álvarez e contou co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade.



Gondomar ofrece unha multiedición de todos os textos que forman parte do corpus, que inclúe sempre dúas versións, unha transcrición paleográfica ou moi conservadora e unha edición interpretativa, con posibilidade de navegar entre unha e outra. Ademais, ofrécese tamén unha reprodución fotográfica dos textos orixinais ou das copias que serviron de base para a edición.

A relación de textos editados inclúe varios descoñecidos ata o momento. Entre eles, paga a pena destacar o Entremés al feliz y real parto de nuestra Reyna, composto en 1707 por Salvador Francisco Roel. O texto, descuberto por Julio Rodríguez Montañés e editado, lematizado e etiquetado por Rosario Álvarez e Ernesto González Seoane, está enmarcado na Guerra de Sucesión española e foi composto para celebrar o nacemento do primoxénito de Filipe V e María Gabriela de Savoia, que reinaría brevemente como Luís I. Trátase do máis antigo texto impreso en lingua galega publicado como obra independente.

Por outra banda, todos os textos do corpus están lematizados e conteñen anotación morfosintáctica, o que multiplica as súas posibilidades de explotación a través da aplicación de busca. O proceso de edición, lematización e anotación dos textos realizouse a través da plataforma TEITOK, desenvolvida por Maarten Janssen, que é a que proporciona tamén as ferramentas de busca e explotación do corpus.

O corpus agora ofrecido seguirá arrequentándose proximamente con novas achegas e está aberto á colaboración de cantos investigadores desexen participar.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi