Información
Localidades de Galicia

A praza García Irmáns acolleu unha feira na que participaron os 18 concellos do Camiño

Información
08 Mayo 2018 541 votos

Por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña volveu reunir en Betanzos aos dezaoito concellos coruñeses polos que discorre o Camiño Inglés (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago) para dar a coñecer a súa variada oferta turística, cultural e gastronómica con distintas actividades.

 

O acto contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, os deputados provinciais Xosé Regueira, Antonio Leira e Bernardo Fernández, o alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes dos municipios polos que discorre o itinerario xacobeo, que destacaron as cualidades do Camiño.

"Trátase dunha reunión moi simbólica, que pon de manifesto o esforzo conxunto que estamos a facer para impulsar o Camiño Inglés e desenvolver un tipo de turismo sustentable, que axude a dinamizar as economías locais e pór en valor lugares emblemáticos da nosa provincia", afirmou González Formoso no seu discurso inaugural

A feira contou durante toda a xornada cunha numerosa afluencia de público que puido degustar tortilla de Betanzos, troitas de Oroso, pan de Neda e Carral, viño Branco Lexítimo da comarca betanceira, e outras delicias grastronómicas, todo elo amenizado por distintas actuacións dos grupos tradicionais "O Castro" de Miño, a rondalla "Chicas de Oro" de Pontedeume e cuarteto de Trasancos de Neda.

Homenaxe a Manuel Pérez Grueiro

Durante o evento realizouse unha homenaxe a Manuel Pérez Grueiro, bibliotecario en Neda durante máis de tres décadas e un dos principais impulsores da recuperación e posta en valor desta ruta xacobea.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!