Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS URXEN A IMPLICACIÓN DA XUNTA PARA NORMALIZAR A SITUACIÓN DA CONFRARÍA DE CARRIL E EVITAR A CONFLITIVIDADE

Información
04 Mayo 2018 489 votos

 

 

 

 

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou hoxe unha batería de iniciativas parlamentarias nas que reclama a implicación da Xunta para normalizar a situación da Confraría de Carril e evitar a conflitividade do pósito arousano, protexendo ao tempo as condicións laborais dos seus integrantes.

Torrado chamou a “rebaixar a tensión” e reclamoulle á Consellería de Mar “abrir vías de entendemento” para paliar a situación da Confraría, abandonando o seu “desleixo” logo de sinalar que “o único que fixo foi remitir un requirimento instando á Confraría a cumprir coa legalidade”. Do mesmo xeito, lembrou que a Valedora do Pobo ten emitido tamén un informe dirixido ao patrón maior “esixíndolle respectar os principios de transparencia”.

Os socialistas trasladan deste xeito a moción municipal presentada pola totalidade dos grupos políticos representados no Concello de Vilagarcía de Arousa na que instan á Confraría normalizar a actividade e o cumprimento da legalidade, reclamando tamén a intervención da Xunta de Galicia para poñer fin a esta situación conflitiva.



esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi