Información
Localidades de Galicia

O galego, única lingua que perde falantes no Estado

Información
04 Mayo 2018 673 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Manifestación Queremos Galego Manifestación Queremos Galego Entre as iniciativas que defenderá o BNG na vindeira sesión plenaria, Pontón porá o foco na situación da lingua galega na pregunta ao presidente. Ante o dato incuestionable e preocupante que fai saltar todas as alarmas: “O galego é única lingua no estado que perde falantes”.

 

Esta situación, explicou a nacionalista “non é o resultado dunha maldición bíblica, é a constatación dunha política errática de Feixóo” que non defende ningún tipo de bilingüismo cordial porque o único que está a defender é “unha política cara o monolingüísmo en castelán”.

“Eu como galega síntome orgullosa de ter unha lingua propia e creo que hai que dar un debate sereno e tranquilo, un debate crucial como país porque temos a obriga de evitar o deterioro do idioma. Non só está en xogo unha parte da nosa identidade como galegas e galegos, tamén está en xogo toda riqueza e diversidade que hai detrás de poseer unha lingua propia e noso aporte á multiculturalidade e multilingüismo que queremos defender. Reclamaremos a Feixóo ese debate”.

lineaazul 1600

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600