Información
Localidades de Galicia

70 vídeos participan no certame Enreguéifate

Información
22 Abril 2018 439 votos

Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recibidos entre a categoría xeral e a escolar. Esta última foi a máis concorrida, con regueifeiros/as de múltiples centros educativos de todo o país. A participación aumentou con respecto á pasada edición, polo que o xurado vai ter difícil escoller aquelas pezas que levarán a distinción á regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

 

O veredicto darase a coñecer o vindeiro 23 de abril a través da web e do Facebook de Enreguéifate, se ben a entrega de premios terá lugar o 2 de maio no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, coincidindo co encontro Regueifesta de improvisación oral en verso.

Encontro Regueifesta

Nestes días está aberto o prazo para inscribirse na Regueifesta, un encontro para escolares arredor da improvisación oral en verso ao que tamén pode sumarse calquera persoa interesada. Para asistir debe cubrirse un formulario que está dispoñíbel na web de Enreguéifate (www.enregueifate.gal/regueifesta). Lembramos que se celebrará o 2 de maio no Auditorio de Galicia.

Nesta actividade didáctica intervirán rapazas e rapaces da nova xeración galega do repentismo, así como alumnado de Euskadi e de Catalunya, que improvisarán ao xeito do bertsolarismo e da glosa. Dinamizarán o acto os/as regueifeiro/as Alba María, Josinho da Teixeira, Lupe Blanco, Séchu Sende e Manolo Maseda; e inclúense tamén diversas intervencións musicais.

O proxecto Enreguéifate está organizado conxuntamente desde os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo, co obxectivo de poñer en valor a improvisación e fomentar o uso espontáneo e oral da lingua galega.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!