Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE Á XUNTA QUE ASUMA RESPONSABILIDADES POLA “NEGLIXENTE XESTIÓN” DO SERVIZO DE SALVAMENTO

Información
13 Abril 2018 426 votos

 

O Parlamento aproba unha iniciativa presentada pola socialista Loli Toja para reclamarlle á concesionaria a renovación dos helicópteros

 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 18. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, lamentou hoxe o veto do PP a reclamarlle á Xunta que asuma responsabilidades pola “neglixente xestión” do servizo de Salvamento Marítimo. Así o dixo na Comisión de Pesca, que aprobou parcialmente unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo que renove os helicópteros.

Toja presentou esta iniciativa logo de constatar a “xestión chapuceira e temeraria” da Consellería do Mar con relación a este servizo, “poñendo en risco a seguridade dos traballadores do mar”. Lembrou que os dous helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, que foran adquiridos en 2005 polo goberno do PP por 27 millóns de euros, foron vendidos en 2012 por 13 millóns de euros argumentando que estaban obsoletos.

A realidade é que a empresa concesionaria está a prestar hoxe o mesmo servizo que antes asumía a Xunta con exactamente as dúas mesmas aeronaves vendidas pola Xunta por obsoletas. A diferenza, dixo, é que ademais de telas malvendido pola metade do que custaran na súa orixe, agora o goberno galego está pagando 8,5 millóns de euros anuais polo seu mantemento, cando antes pagaba 7,5.

Explicou que “é como se compramos un coche, o vendemos pola metade do que nos costou porque non se adapta á estrada pola que circulamos e, como necesitamos o servizo, pagamos a unha persoa para que nos leve no mesmo coque que vendéramos ao principio”.

A parlamentaria socialista censurou unha operación “neglixente, económica e técnicamente” e que ademais “cheira a negociete” e “dalle a razón ao Consello de Contas” cando cuestionaba o proceso de venda das aeronaves a través dun trámite excepcional sen seguir os procedementos legais.

Toja aceptou votar a iniciativa debatida hoxe separando os seus distintos puntos do que á súa vez era unha “autoemenda” presentada polos socialistas para actualizar a iniciativa. O PP apoiou pedirlle á empresa renovar as dúas aeronaves e reclamarlle que cumpra coas condicións técnicas necesarias, pero vetaron o terceiro apartado, no que lle reclamaba que “asuma responsabilidades pola neglixente xestión de recursos públicos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que, con respecto das aeronaves que se están empregando para o servizo de salvamento, descartadas polo propio goberno no ano 2012:

1 Realice de xeito inmediato as xestións necesarias para reclamarlle á empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo a prestación do servizo con aeronaves que non fosen retiradas con anterioridade e se adapten ás costas galegas.

2 Esixa á empresa concesionaria o cumprimento das condicións técnicas necesarias para o desenvolvemento do salvamento marítimo”.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!