Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas condena as agresións dos Charlins a xornalistas en Vilanova de Arousa

Información
12 Abril 2018 435 votos

A Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas manifesta a súa máis enérxica condena polos feitos producidos onte en Cálago, Vilanova de Arousa, cando xornalistas acudían a realizar o seu traballo nas inmediacións dunha vivenda onde se producira un asalto con violencia. Membros da familia vítima do asalto agrediron a varios dos profesionais apostados nas inmediacións do chalet.

 

En concreto, tres familiares das vítimas do asalto increparon aos comunicadores reunidos arredor da vivenda, golpearon nas costas a un fotógrafo e tiraron ao chan o micrófono e o teléfono móbil dunha reporteira. A familia, con varios dos seus membros condeados por delitos de narcotráfico, culpou á prensa e á serie de televisión Fariña, baseada no libro homónimo de Nacho Carretero, da agresión que dous dos seus membros sufriran pola mañá.

Mesmo comprendendo a situación de tensión na que podían estar os familiares dos agredidos, o Colexio de Xornalistas non pode senón condenar estes lamentábeis actos, que representan un ataque máis aos xornalistas no desempeño do seu labor. Cómpre lembrar aquí que a lei establece o dereito á información prevalece sobre o dereito á imaxe cando esta se capta con fins informativos e sobre un suceso de actualidade. Alén diso, a estratexia de culpar aos informadores do asalto producido, non é máis do que un xeito de "atacar ao mensaxeiro" que atenta contra a liberdade de información.

Por estes motivos, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas solidarízase cos profesionais agredidos e lembra que para a necesaria convivencia entre o dereito á información e o dereito á imaxe é imprescindíbel un escenario libre de violencia.

Xunta de Goberno

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!