Información

RENFE RECURTA OS SERVIZOS FERROVIARIOS GALEGOS POR FALTA DE TRABALLADOR@S

Información
XornalGalicia 09 Abril 2018 229 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende CGT queremos denunciar o recurte de servizos ferroviarios que está sufrindo a nosa Comunidade Autónoma por falta de cadro de persoal ferroviario en todas as a´ñreas productivas de RENFE-Viajeros e que pasamos a concretar:

 

MAQUINISTAS: Temos falta de maquinistas tanto en Media Distancia como en Longa Distancia, como o demostra o feito de que non permiten xubilarse voluntariamente a compañeir@s que o teñen solicitado dende Xaneiro de 2018, ou que o domingo 8 @s viaxeir@s do tren Alvia 4165 Madrid-Pontevedra, tiveron que circular en 3 autobuses entre Ourense e Vigo/Pontevedra.  Tamén hoxe o tren 4454 Pontevedra/Vigo-Madrid circulou con autobuses ata Ourense. Esta falta de maquinista está ralentizando os cursos de habilitación do ERTMS que estase instalando entre Compostela e Vigo.

INTERVENTORES: en 2017 uns 4500 trens de Medias Distancia circularon sen persoal de Intervención a bordo, e uns 8500 trens en FEVE, estimandose en uns 70.000 @s viaxeiros que non pagaron o billete, deixando de ingresar RENFE por este motivo mais de 350.000 euros no ano 2017. Ademais estes viaxeiros non contan nas estadísticas de utilización do transporte ferroviario, polo que nun futuro o recurte de servizos ferroviarios nunha determinada estación podese argumentar cunha baixa utilikzación irreal.

TAQUILLEROS: En Xuño de 2017 ADIF traspasou o canle de venda a RENFE, pero @s traballador@s non pasaron na sua totalidade, dividindose a sua asignación empresarial, quedando unha gran parte en RENFE e outra pequena en ADIF, ocasionando que a falta de cadro de persoal xa existente en ADIF, aumentara ca devandita división d@s traballador@s.

Esta falta de taquilleros está ocasionando que se recurten os servizos ofertados nas estacións, minguando ou pechando os fins de semán a venda anticipada de billetes como en Pontevedra e Coruña, de tal xeito que si unh@ usuari@ quere mercar o domingo un billete pra o luns non pode facelo nas taquillas de Pontevedra e Coruña.

Ademais cando só está unha persoa nas taquillas, especialmente en Pontevedra e Vigo-Guixar, formanse longas colas que ocasionan que viaxeir@s perdan o tren por non poder mercar o billete. Producironse mais de 300 reclamacións en Galiza por este motivo.

O ano pasado aconteceu unha anecdota en Pontevedra, pois unha amiga de Ana Pastor foi mercar un billete a estación de Pontevedra, onde había unha longa cola, chamando a agora Presidenta do Congreso que de inmediato requeriu de RENFE unha solución. O cabo de 5 días RENFE destacou temporalmente de Madrid a Pontevedra a dous tranballador@s para cubrir as necesidades de persoal na taquillas de Pontevedra durante o verán de 2017.

MATERIAL: O venres 6 de Abril os viaxeiros de dous trens entre Santiago e Vilagarcía tiveron que facer o viaxe en autobús por falta de vehículos S/599. O domingo 8 o tren 12441 que os domingos circula en dobre composición, circulou en sencillo, motivando que preto de 35 viaxeir2s tieveran que facer o viaxe de pé entre Vilagarcía e Vigo.

CGT ven requerindo nas xuntanzas que mantemos ca empresa RENFE-Viaxeiros que faga as contratacións necesariaspra cubrir os servizos ferroviarios galegos, rexeitando dende a nosa organización os recurtes de servizos ferroviarios que estanse a dar por mor da falta de cadro de persoal en RENFE.

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi