Información
Localidades de Galicia

Os vilagarciáns que acudan a doar sangue serán agasallados cunha camiseta do Celta ou do Deportivo

Información
09 Abril 2018 453 votos
A Axencia Galega de Doazóns de Órganos e Sangue trae esta semana a Vilagarcía a campaña especial que vén de poñer en marcha coa colaboración dos dous principais clubs de fútbol de Galicia: O Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña. Grazas a esta iniciativa, os vilagarciáns que acudan o venres ou o sábado a doar sangue recibirán de agasallo unha camiseta do equipo que elixan co anagrama conmemorativo da campaña solidaria. O Concello anima aos veciños a que acudan a doar.
07.04.2018.- A unidade móbil visitará a cidade no marco desta campaña especial o venres, 13 de abril e o sábado 14. Situarase no emprazamento habitual na zona peonil na que conflúen a rúa Castelao e Vista Alegre. O venres pola mañá funcionará de 10 a 14 horas e pola tarde de 16 a 21 horas. O sábado, de 10.15 a 15 horas.

Con esta orixinal campaña á que se suman Celta de Depor preténdese incentivar a doazón de sangue tan necesaria para poder atender a demanda diaria que rexistran os centros hospitalarios de Galicia. Dende a Axencia de Doazóns agradecen a constante colaboración da cidadanía en xeral, e en particular dos vilagarciáns, pero advirten que é vital que se continúe doando sangue para tratar de acadar as 500 doazóns se precisan cada día para axudar a centos de enfermos.

Nesta ocasión especial, os doantes recibirán a camiseta conmemorativa do seu equipo de fútbol favorito.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!