Información
Localidades de Galicia

XSG: “O PP de Galicia é incapaz de renegar dos seus orixes franquistas”

Información
05 Abril 2018 429 votos

Nabor González afirma que “o Partido Popular segue a cheirar tan rancio coma hai 40 anos, a complicidade co franquismo e o desprezo as vítimas é impresentable”.

González declarou que “o Partido Popular é un auténtico estorbo na loita pola dignidade e xustiza coa historia do noso país, segue aferrado ao seu pasado franquista”.

 

As XSG saen ao paso tralo pleno do parlamento galego do pasado mércores no cal o Partido Popular votou en contra dunha iniciativa que instaba a Xunta de Galicia a dirixirse ao Estado para pedir a nulidade das sentencias dos tribunais franquistas.

O secretario xeral das XSG, Nabor González asegurou que “estamos ante un PP, o de Feijóo, que se atopa ancorado nun pasado e nunhas raíces franquistas das que son incapaces de renega. Nin o PP, nin as súas “Novas” Xeracións, cuxo líder nacional afirmaba que a guerra civil tratábase dunha confrontación social da época, e non dun golpe de estado, aprenderon algo da memoria do noso país”.

O dirixente socialista lamentou que “en pleno 2018 o Partido Popular siga cheirando tan rancio coma hai 40 anos. Resulta chamativo que presuma ser un partido demócrata mentres é cómplice da Fundación Francisco Franco, deixa a cero o financiamento da Lei de Memoria Histórica e mira cara outro lado cada vez que se fala de castigar o franquismo e traballar pola dignidade das vítimas”.

González esixe a Feijóo e as súas Novas Xeracións que “muden de inmediato a súa posición, pidan desculpas e deixen de censurar todas aquelas iniciativas que tratan de defender a dignidade, xustiza e memoria das vítimas do franquismo.” “Unicamente superaremos a ditadura pechando as feridas e non ignorando e desprezando a loita por unha memoria xusta” selou o mozo socialista.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!