Información
Localidades de Galicia

A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Carlos García Martínez

Información
17 Marzo 2018 575 votos

Real Academia Galega lamenta o pasamento de Carlos García Martínez, membro correspondente da institución desde 1972. O historiador era o actual director do Museo do Pobo Galego, onde se instalará esta tarde a capela ardente. Carlos García Martínez faleceu hoxe en Santiago de Compostela, a cidade onde naceu no ano 1945.

Autor de achegas destacadas no campo da arqueoloxía e a etnografía de Galicia, Carlos García Martínez foi un dos fundadores do Museo do Pobo Galego, institución que pasou a dirixir en 1999 tras o pasamento de Antonio Fraguas. 
Ao longo da súa traxectoria, foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da comisión xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, así como patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga ou presidente do Consello Galego de Museos. En 1999 foi galardoado co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi