Información
Localidades de Galicia

O goberno do PP agochou durante 8 meses un informe que esixe medidas urxentes contra o radón

Información
14 Marzo 2018 513 Votos

En xullo de 2017 o servizo de prevención de riscos laborais do Concello demandaba “tomar medidas urxentes” cos traballadores expostos ao gas.
•    O persoal nos servizos de intervención, reprografía ou limpeza continúan expostos a este gas tóxico.
•    Ourense en Común solicitaba de novo hoxe o traslado de todo o persoal afectado e pide extender as medicións ao Centro Cívico Colón e o Edificio de Novas Tecnoloxías.

 

https://soundcloud.com/ourenseencomun/20180314-radon[ESCOITAR AUDIO]        https://api.soundcloud.com/tracks/413503788/download?client_id=Iy5e1Ri4GTNgrafaXe4mLpmJLXbXEfBR[DESCARGAR AUDIO]

Ourense, 14 de marzo 2018
   
    Desde que no mes de novembro Ourense en Común denunciara públicamente a ocultación sistemática dos datos referentes ao radón por parte do equipo de goberno, non foi ata a pasada semana que o grupo tivo acceso ao expediente aberto polo Concello en abril de 2017, en referencia aos índices do gas en dependencias municipais.

    Tras a consulta do mesmo, o grupo conclúe que o edil responsable desta cuestión, Jorge Pumar Tesouro, “é coñecedor desde xullo de 2017 da grave e alarmante situación á que está exposto o persoal de varios servizos do Concello”, tal e como se recolle no expediente, no que figura a súa sinatura solicitando as primeiras medicións en abril dese ano, e en base ás que os servizos de prevención do propio Concello de Ourense emitían un informe con data do 7 de xullo de 2017 que recolle [sic] que “Teniendo en cuenta que ya se conocen los resultados de la medición inicial, y que ya obra en su concejalía, y que hay trabajadores que están sometidos a concentraciones superiores a los límites indicados por la instrución técnica mencionada más arriba ROGAMOS SE TOMEN MEDIDAS URGENTES AL MENOS CON AQUELLOS TRABAJADORES CUYA EXPOSICIÓN SUPERE LOS VALORES LÍMITE EN BEQUERELIOS ESTABLECIDOS Y SE TRASLADEN A OTRA UBICACIÓN EN DONDE NO SE VEAN AFECTADOS POR TAL EXPOSICIÓN O ESTA SEA LEGALMENTE PERMITIDA”.

    5 meses pasaron ata que en decembro foi trasladado parte do persoal ubicado no soto da Casa Consistorial, pero sen extender as medidas preventivas a todo o persoal municipal, especialmente exposto na Cárcere da Coroa, onde se alcanzan picos de ata 1695 Bq, ou no Centro de Iniciativas Empresariais, onde hai estancias que chegan aos 5836 Bq sendo o permitido 300Bq.

    Ourense en Común estuda a posibilidade de emprender accións legais contra o goberno e o edil responsable, Jorge Pumar, pola “gravidade de desestimar as consideracións dos servizos de prevención, que o pode enfrontar a un posible delito contra a saúde pública, por non informar nin protexer ás traballadoras”

    Ao tempo, o grupo vén de rexistrar unha solicitude para que se inicien novas medicións no Centro Cívico Colón, por “contar no seu interior con traballadores e cativos que poden estar expostos a este gas durante longos períodos de tempo e no Edificio de Novas Tecnoloxías, nunca aberto, para “estudar a posibilidade de empregalo namentres se soluciona o problema no resto de dependencias afectadas”.

    A exposición ao radón é a segunda causa de cancro de pulmón en España e Ourense é un dos concellos á cabeza no índice de exposición ao gas, pero “para o PP semella que é tan invisible o gas como a problemática que pode provocar”, afirman dende OUeC. “De novo presenciamos a desidia e falta de responsabilidade deste goberno”, que está “moi lonxe” de cumprir a Directiva Europea 2013/59/EURATOM que xa entrou en vigor, e que obriga a realizar medicións periódicas en espazos de traballo en áreas de risco, a establecer niveis de referencia para as concentracións do gas, emprender accións para protexer a saúde dos traballadores, e a dar a coñecer o problema entre a poboación, garantindo información local relativa á exposición ao radón e aos riscos asociados para a saúde.  

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi