Información
Localidades de Galicia

O Colexio de Xornalistas lembra a necesidade de respectar as recomendacións sobre casos que afecten a menores

Información
13 Marzo 2018 604 votos

Ante o tratamento informativo que se lle está a dar ao caso do neno Gabriel, tristemente falecido, a Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas quere lembrar as recomendacións relativas a casos de traxedias que afecten a menores, e chamar ao conxunto da profesión galega a tratar con coidado e respecto este tipo de informacións.

 

O Colexio de Xornalistas ten insistido en numerosas ocasións na necesidade dun tratamento axeitado deste tipo de noticias, e publicado varias recomendacións que son de utilidade para un caso como este, como as http://xornalistas.gal/biblioteca/recomendacions-sobre-o-tratamento-nos-medios-dos-casos-de-violencia-que-afecten-a-menores/">Recomendacións sobre o tratamento nos medios dos casos de violencia que afecten a menores, a http://xornalistas.gal/biblioteca/guia-practica-para-o-tratamento-informativo-de-emerxencias-catastrofes-e-persoas-desaparecidas/">Guía práctica para o tratamento informativo de emerxencias, catástrofes e persoas desaparecidas ou a http://xornalistas.gal/biblioteca/guia-practica-para-o-tratamento-informativo-sobre-menores/">Guía práctica para o tratamento informativo sobre menores.

É importante que os e as xornalistas sigan este tipo de recomendacións para facer un tratamento informativo profesional, responsábel e xusto, que non caia na espectacularización, respecte a intimidade das vítimas e persoas afectadas, sen engadir máis dor á dor, e evite a aparición de mensaxes socialmente irresponsábeis.

Neste sentido, parece necesario lembrar tamén que as persoas acusadas dun feito delictivo non teñen suspendidos os dereitos que recoñece o http://xornalistas.gal/colexio/codigo-deontoloxico-galego/">Código Deontolóxico do Xornalismo Galego para toda a cidadanía. A proliferación de especulacións, a obtención de imaxes de maneira dubidosa ou a inclusión de características étnicas ou de nacionalidade irrelevantes non son compatíbeis co bo xornalismo.

Xunta de Goberno

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!