Información
Localidades de Galicia

Pontegal contabiliza 1.422 artistas e grupos inscritos

Información
11 Marzo 2018 836 Votos

A Xunta do Goberno provincial vén de aprobar o catálogo de grupos acollidos ao Pontegal 2018, que acadou 1.422 inscricións. No catálogo desta edición o maior número de grupos acollidos corresponde á categoría ‘Teatro' que contabiliza un total de 171 compañías inscritas entre as tres modalidades.

Así, as dúas categorías de teatro profesional contabilizan 95 compañías inscritas, e a categoría de teatro non profesional 76 inscricións. Nesta categoría as inscricións increméntanse en 19 compañías con respecto á edición de 2017. En segundo lugar en canto a número de inscricións, sitúanse as ‘Masas Corais' con 161 inscricións, das cales 29 corresponden á clasificación "A", formacións cun mínimo de 50 membros, e as 132 restantes á clasificación "B", formacións cun mínimo de 30 membros. Séguenlle a categoría ‘grupos folclóricos' con 134 inscricións,  os ‘grupos de gaitas' con 132, o apartado ‘pandeireteiras' con 129, ‘grupos folk' con 94, bandas de música con 93, e grupos de ‘música clásica' con 87 inscricións.

Hai que lembrar, que tal e como estipulan as bases, todos o grupos, compañías e artistas cuxas inscricións foron aceptadas neste programa teñen a obriga de realizar as súas actuacións, conferencias e/ou audiovisuais obrigatoriamente en lingua galega. Esta obriga tamén debe ser atendida polos concellos e asociacións que soliciten as actuacións, conferencias e audiovisuais, que deben facer toda a cartelería, promoción, e difusión en idioma galego.

O uso do galego é un dos criterios básicos incluídos na adxudicación das actuacións, e que xa fora contemplado nas pasadas edicións, atendendo a un dos acordos recollidos no pacto de goberno da institución provincial, que se fundamenta na promoción e defensa do uso do idioma tanto na propia institución como entre a cidadanía. Así, tanto artistas como concellos e asociacións están obrigados e obrigadas a realizar a publicidade en lingua galega, empregar unha linguaxe non sexista e introducir o logo do Pontegal de xeito visible. O non cumprimento destes requisitos é motivo de exclusión das axudas deste programa.

Novidade nos criterios de adxudicación

A principal novidade na convocatoria deste ano atópase nos criterios de adxudicación das actuacións a concellos e asociacións. Así, as máximas puntuacións corresponden a actuacións encamiñadas á dinamización da lingua galega, con ata 30 puntos, e as incluídas en programas de carácter social, isto é, que aposten pola igualdade de xénero, tamén con ata 30 puntos. Os outros criterios que tamén se terán en conta serán o interese supramunicipal, a duración da actividade e o público destinatario.

Estes criterios tamén correspondencia co importe máximo que se establece na adxudicación das actividades, tendo en conta tres tramos: as actividades englobadas en programas de dinamización do galego poderán solicitar ata 1.600 euros por actividade; as actividades englobadas en programas de fomento da igualdade entre homes e mulleres e en eventos de carácter social con colectivos en risco de exclusión poderán solicitar ata 1.500 euros por actividade; mentres que o resto de actividades terán ata 1.200 euros por actividade.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi