Información
Localidades de Galicia

Martiño Xosé Vázquez será o cabeza de lista de OUeC nas eleccións municipais de 2019

Información
11 Marzo 2018 1270 votos

O actual voceiro do grupo acada o 97,67%**  de respaldo do censo chamado a participar na xornada electoral de hoxe.
•    As medidas de corrección de xénero aprobadas por Ourense en Común obrigarán a que os postos 2, 3 e 4 da candidatura sexan ocupados por mulleres.
•    O resto da lista definirase no mes de outubro de 2018.

    
  
  A asemblea aberta que cada ano celebra Ourense en Común, denominada RePensar OUeC, celebrada o 27 de xaneiro de 2018 aprobou o Regulamento de Primarias co que a organización municipalista configuraría a súa lista para as eleccións municipais do próximo ano 2019.

    Toda vez aprobado por consenso este documento, público e accesible na web ourenseencomun.info, abríase a primeira fase para escoller á cabeza de lista e para inscribirse no censo que habilitaba para participar no proceso.

    Calquera persoa interesada podería inscribirse para votar e tamén presentar a súa candidatura para encabezar o proxecto de Ourense en Común en 2019. A diferencia doutras organizacións políticas non se solicitaban avais de ningún tipo, pero si a validación de cando menos 2/3 da asemblea para poder participar. Pretendíase deste modo garantir un  equilibrio entre a apertura do proceso e o grado de aceptación das candidatas entre as persoas participantes de Ourense en Común.

    A esta asemblea, celebrada o venres 23 de febreiro no Espazo en Común das Burgas, presentáronse tres candidaturas das que só foi validada a do actual voceiro do grupo no Concello, co 100% do apoio das presentes. Os criterios seguidos en dita valoración foron:

        -    Capacidade de traballo: Ter amosado a capacidade de traballo necesaria e suficiente para desenvolver a encomenda que supón a súa elección como concelleira de Ourense en Común.

        -    Capacidade de representación do proceso e do colectivo: Ter amosado ou gozar da confianza de representar correctamente ao colectivo, especialmente en relación ás decisións colectivas acordadas.

        -    Consonancia cos principios, valores e obxectivos de Ourense en Común: Representar os principios, valores e obxectivos de Ourense en Común, ben sexa a través da súa participación no proceso municipal como pola súa/s actividade/s fóra do mesmo.

    Superada a asemblea de validación, sen presentarse alegacións de ningún tipo, o Comité Electoral chamaba ao censo a votar no día de hoxe. Mediante votación electrónica habilitada durante toda a xornada, cunha participación do 60% , Martiño Xosé Vázquez acadou o 97,67% de respaldo que o confirman formalmente como o candidato á alcaldía por Ourense en Común nos comicios electorais do próximo ano 2019.

    “Neste tempo, como portavoz do grupo municipal, tiven a sorte e a responsabilidade de comprobar como é posible practicar un liderado colectivo e democrático. Agora, con máis responsabilidade se cadra, toca afondar nos piares fundamentais de participación, transparencia e horizontalidade para construír un proxecto político plural, con vontade de sumar maiorías e con capacidade para gañar. Por un Ourense novo que mesture a experiencia coa xuventude e a sabedoría de quen leva décadas traballando en prol do ben común coa enerxía de quen quere cambialo todo”, afirma Martiño Xosé Vázquez.

    O mesmo regulamento polo que é nomeado o portavoz como cabeza de lista contempla na súa redacción que o resto da candidatura sexa completada no outono deste mesmo ano cunha corrección de xénero que establece que os postos 2, 3 e 4 da candidatura deberán ser ocupados por mulleres.

    “Ningunha compañeira animouse a dar o paso. Eu e de seguro todas as persoas participantes e votantes de Ourense en Común tamén, estaríamos encantadas de que a persoa a encabezar a lista fora unha muller. Pero dun modo ou doutro a perspectiva de xénero e a igualdade si ou si deben estar presentes. O feito de que os postos 2, 3 e 4 da candidatura sexan obrigatoriamente mulleres por encabezar eu a lista é bo, pero non suficiente. Teremos que seguir traballando para ter unha alcaldesa tan boa en Ourense como Ada Colau ou Manuela Carmena”.  

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!