Información

Comezan os preparativos das praias previos á temporada de Semana Santa

Información
XornalGalicia 10 Marzo 2018 627 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño pechou onte o dispositivo de limpeza e acondicionamento das praias do municipio de cara á temporada de vacacións de Semana Santa. Como se fai todos os anos, o servizo de Limpeza e de Medio Ambiente encargaranse da posta a punto dos areais da Concha-Compostela, Covacha- Portugalete (Carril), Campanario (Bamio), O Preguntoiro e Canelas (Vilaxoán). As tarefas iniciáronse hoxe e continuarán nas vindeiras semanas.
07.03.2018.- Os primeiros traballos a realizar, e que comezaron esta mesma mañá, consistirán na retirada dos residuos mariños que o temporal de sur dos últimos días arrastrou cara o fondo da Ría, é dicir, principalmente cara as praias da Concha-Compostela e Covacha-Portugalete, en Carril. A limpeza realizarase de forma gradual: primeiro retiraranse as algas e residuos orgánicos, nunha segunda pasada, os plásticos e outros materiais de residuo e, finalmente as máquinas aplicaranse no cribado da area para eliminar os residuos de menor tamaño. Estas últimas labores repetiranse durante a Semana Santa.

Por outro lado, o persoal de Medio Ambiente, xa está a revisar todos os servizos dos areais (pasarelas, duchas, lava pés, fontes, aseos…) co obxecto de determinar os arranxos que sexa preciso realizando ou o material que haxa que repoñer, de xeito que estea todo no mellor estado posible durante a temporada vacacional.
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi