Información

Xornalistas galegas cántanlle as corenta aos medios de comunicación pola persistencia das desigualdades

Información
07 Marzo 2018 458 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Mulleres profesionais de diferentes ámbitos, idades, condicións e funcións demandan #IgualdadeDePrensa na campaña deseñada polo Colexio de Xornalistas de Galicia para este 8 de marzo, e reivindican a súa propia voz.

A iniciativa queda aberta a partir de agora á partipación de todas as que decidan sumarse ao noso hashtag. Comezámola cun grupo de mulleres que saíron arrastrando co as de espadas da palabra, e que puxeron no centro do tapete conceptos como brecha salarial, corresponsabilidade, teito de cristal, dobre xornada, discriminación ou estereotipos.

 

Entre as participantes hai nomes como os de Margarita Ledo -a primeira decana da Facultade de Xornalismo-, Tareixa Navaza -o primeiro rostro que nos narrou noticias en galego por televisión-, ou Ana Expósito -a xornalista de medios galegos con máis experiencia na cobertura de conflitos internacionais-; hai mulleres que dirixen medios e coordinan contidos, como Ana Pardo de Vera, Carmen Merelas ou Valeria Pereiras, e tamén moitas reporteiras a pé de rúa. Falaron mulleres que bregan en seccións que aínda están hipermasculinizadas, como deportes ou economía; e tamén bolseiras, autónomas, guionistas, académicas e especialistas en comunicación dixital. Todas xuntas, cantáronlle as corenta ao noso sector, por todos os trofeos e loureiros que levan os seus xefes ou os recoñecementos que obteñen os seus compañeiros e que silencian moitas veces o traballo invisible de mulleres. Despois cantaron as vinte en copas para brindar polo compañeirismo, polo mérito, e pola igualdade de trato, e para desexar que remate dunha vez o parternalismo, a condescendencia e a discriminación.

Se a man vai de ouros, ou de euros, as xornalistas galegas tamén queren asisitir: poñer boca arriba o conto da raíña do fogar, a fábula da supermamá ou o calote das cremas redutoras de xornada laboral. Ter fillos non pode seguir penalizando a calidade de vida das xornalistas, os seus salarios e as súas pensións; non pode seguir constituíndo un agravio comparativo cos homes.

Altas e claras, as xornalistas elevaron aínda máis o ton para cantar as vinte en bastos contra a violencia e as súas cifras obscenas, infames e indecentes. A cultura machista é esa ignominia na que agroman as agresións, e pode ser combatida coa boa influencia dos medios. Pero para acabar cos roles, a hipersexualización e  os prexuizos sexistas cómpren as gafas de ver da formación, que aínda escasea en xornais, emisoras e cadeas de televisión.

Xornalistas participantes na iniciativa #IgualdadeDePrensa:

  • María Bragado
  • Loreto Costa
  • Ana Expósito
  • Lara Graña
  • Cristina Huete
  • Margarita Ledo Andión
  • Diana López Varela
  • Carmen Merelas
  • Mercedes Moralejo
  • Tareixa Navaza
  • María Obelleiro
  • María Pardo
  • Ana Pardo de Vera
  • Aida Pena
  • Valeria Pereiras Reza
  • María Xosé Porteiro
  • Belén Puñal
  • Marta Rodríguez
  • Fernanda Tabarés
  • Marta Veiga
  • Andrea Villa
  • María Yáñez

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi