Información

O alcalde solicita unha reunión urxente coa subdelegada do goberno para aclarar as cifras de criminalidade

Información
XornalGalicia 05 Marzo 2018 309 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, solicitou esta mesma mañá unha reunión urxente coa Subdelegada do Goberno para abordar as cifras feitas públicas onte polo Ministerio do Interior que sitúan a Vilagarcía como a cidade de Galicia coa maior taxa de criminalidade. O rexedor pedirá explicacións posto que estes datos contradín as manifestacións realizadas nos últimos anos dende a Subdelegación do Goberno nas Xuntas Local de Seguridade, onde sempre se destacou a Vilagarcía como unha cidade segura e con baixos índices de criminalidade, situación na que tamén se tratou de tranquilizar ao goberno local cando se demandou maior número de axentes para a Comisaría.
02.03.2018.- O rexedor local amosouse moi sorprendido polos datos ofrecidos polo Ministerio do Interior, que sitúan a taxa de criminalidade de Vilagarcía no 40,3%, a máis elevada das cidades galegas, sobre todo cando dende a Subdelegación do Goberno sempre se trasladou unha visión ben diferente.

Varela Paz lembra, por exemplo que hai tan so cinco meses (o pasado 2 de agosto de 2017) a actual subdelegada, Ana Ortíz, dicía na rolda de prensa celebrada no Concello que “se mantienen las tasas de criminalidad en niveles muy aceptables. Podemos decir que Vilagarcía es una ciudad segura”, como recolleron os distintos medios de comunicación.

As declaracións ían na mesma liña das sempre realizadas polo seu antecesor no cargo, Antonio Coello, quen recorreu a esta argumentación cando o alcalde, Alberto Varela, se entrevistou con el o 11 de decembro de 2015 para transmitirlle a preocupación da cidadanía polo incremento do número de roubos e para demandar máis efectivos para a Comisaría de Vilagarcía. Nesa ocasión o subdelegado insistira en que as cifras de criminalidade de Vilagarcía se mantiñan en niveles similares aos de anos anteriores en na media dos municipios galegos, polo que entendía que non había motivo de preocupación. Nesta explicación e en que a Comisaría de Vilagarcía “cumpría as ratios de persoal” baseara o anterior subdelegado a resposta á petición de Varela de dotala de máis axentes da Policía Nacional.

Os datos facilitados onte polo Ministerio distan moito dos ofrecidos pola Subdelegación do Goberno o 2 maio 2012, cando destacaba que a taxa de criminalidade de Vilagarcía se situaba 20 puntos por debaixo da media nacional e aseguraba que “Vilagarcía es una ciudad segura y tranquila”, como tamén recollían os medios.

O alcalde lembra que no seu mandato o Concello creou e cubriu 3 prazas de Policía Local e este ano crearanse outras 3, esforzo que non se está a ver acompañado por medidas similares por parte do Estado.
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi