Como vivir politicamente dos anuncios e fume: A DEPURADORA QUE ANUNCIA ALFONSO FUENTE NESTES ORZAMENTOS XA FORA ANUNCIADA EN 2016

XornalGalicia  14 Enero 2018  1091 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O 14 de xuño de 2016, o alcalde anunciaba o inicio dos traballos da depuradora de Celeiro de Mariñaos

Barreiros, 13 de xaneiro de 2018. O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego en Barreiros asegura que o goberno do Partido Popular "falsea ano tras ano os orzamentos. Fanse trampas ao solitario e a consecuencia é a que estamos vendo: que do que se orzamenta ao que en realidade se fai hai un abismo."

 

A portavoz municipal do BNG lémbralle a Alfonso Fuente que "xa está ben de tratar de enganar a todo o mundo. Non pode estar todos os anos orzamentando e anunciando as mesmas obras, porque á vista está que non se fan nunca."

"Concretamente, sobre as obras da depuradora de Celeiro de Mariñaos que anuncia nestes orzamentos; o mesmo Alcalde e o mesmo equipo de goberno anunciaban en xuño de 2016 non só que se prevían, senón o inicio dos traballos. Pódese comprobar acudindo ás hemerotecas dese día. É a desgracia que ten este goberno municipal, que é moi fácil comprobar canto e sobre que menten", asegura Ana Ermida. "Tamén nos orzamentos do 2017 estaba previsto este investimento e podemos comprobar como quixeron enganarnos a todas as veciñas e veciños. Aínda que xa non consegue enganar a ninguén, porque todo o mundo pode ver que nestes 12 anos que leva de alcalde non se fixo nin unha soa obra relevante para este concello."

Ana Ermida explica, ademais, que "se teñen orzamentados uns traballos e non os fan, pero os cartos gástanse igual (por iso quedan máis de 500.000 euros sen pagar que hai que pagar este ano) significa que eses cartos se están gastando noutras cousas que o goberno de Barreiros terá que explicar algún día. Xa veremos dese millón de euros dos que falan agora en canto se queda", conclúe.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...