O GOBERNO MUNICIPAL DE BARREIROS PAGARÁ ESTE ANO MÁIS DE 500.000€ DE FACTURAS DO ANO PASADO

XornalGalicia  12 Enero 2018  615 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A débeda recoñecida na aprobación dos orzamentos deste ano, supón desequilibralos e seguir endebedando o Concello

Barreiros, 12 de xaneiro de 2018. O vindeiro luns celebrarase en Barreiros un pleno para aprobar os orzamentos do 2018 e “como vén sendo habitual, nese mesmo pleno o goberno municipal xa presenta o primeiro listado de facturas que deixaron sen pagar no ano anterior”, explica a portavoz municipal do BNG.

 

Mediante a figura do recoñecemento extraxudicial de crédito, que obriga ao goberno a que a aprobación desas facturas sexa en pleno, presentan 467.955,14€ correspondentes a facturas do 2017 que quedaron sen pagar por falta de fondos nese ano. “Esas facturas hai que pagalas dos orzamentos do 2018 e iso supón que do orzamento que se aproba para este ano, xa se sacan eses cartos sen que supoñan ningún gasto novo”, explica Ana Ermida.

Pero, ademais, o propio orzamento para o 2018 recolle partidas que na memoria da Alcaldía se di expresamente que son para gastos que se fixeron no ano 2017 e que non se pagaron”, aseguran desde o BNG. “Polo tanto, non son só as facturas do recoñecemento extraxudicial, hai que sumarlles eses máis de 40.000€ que xa recoñecen directamente nos orzamentos do 2018 como gastos do 2017.”

Para o BNG “esta situación ao único que contribúe é a seguir afondando o burato económico que ten Barreiros, a consecuencia da mala xestión e o despilfarro do seu goberno municipal.”

Facturas do mes de xullo sen pagar.

Desde o grupo municipal do BNG aseguran que na relación de facturas do 2017 que se presentan para aprobar no pleno “hai facturas desde o mes de xullo. As facturas de luz, auga ou lixo levan sen pagar desde setembro”, afirman.

Non sabemos que desculpa vai poñer este ano o goberno do PP, cando o ano pasado presumían (ao recoñecer máis de 200.000€ de facturas do ano anterior) que mellorara moito a situación ao rebaixalas con respecto ao ano anterior en 100.000€”, explica Ana Ermida. “Non ten xustificación que nun só ano, esta cantidade se duplicara. A única explicación é a que xa advertimos desde o BNG que se estaba producindo: especialmente nos meses de verán, para saír ao paso das críticas e queixas que se producían a diario, o PP en Barreiros optou por contratar servizos a empresas externas, sen ningún tipo de control, e incrementando o custo dos traballos que se poderían facer con persoal propio se houbera organización e control por parte do goberno municipal.”

O único que está claro é que o PP conseguiu quebrar economicamente o Concello de Barreiros coa súa inoperancia e a súa xestión a espaldas das necesidades públicas. O goberno do PP en Barreiros, con Alfonso Fuente á cabeza, pasará ás páxinas máis negras da historia de Barreiros por afundir un Concello con tanta potencialidade e capacidade coma este”, conclúe Ana Ermida.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...