Cortegada acollerá un simulacro de extinción de lumes antes do verán

XornalGalicia  10 Enero 2018  308 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Presentan aos representantes municipais e dos axentes sociais e económicos de Carril o proxecto do Plan Reitor de Usos e Xestión para a illa de Cortegada, incluída no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. No marco das medidas previstas no documento que ten como obxectivo establecer unha regulación que garanta a conservación do patrimonio natural da illa, o alcalde, Alberto Varela, aproveitou para volver a demandar á Xunta o necesario simulacro de incendios, medida que a directora xeral se comprometeu a levar a cabo no primeiro semestre do ano.
09.01.2018.- Como se sabe, a preocupación do goberno local ante o perigo de lumes en Cortegada –agudizada tras o conato rexistrado no verán de 2015- sumado á total carencia de medios de extinción exclusivos para Cortegada, derivou nos últimos anos en insistentes demandas á Xunta de Galicia requirindo medidas para reducir estes riscos. O anuncio realizado hai máis de dous anos dun simulacro para ensaiar o protocolo de actuación en caso dun lume e probar os medios existentes nunca se chegou a materializar, de aí a petición que Varela volveu a plantear hoxe e que, en principio, tivo unha acollida positiva.

Hai que lembrar que no Pleno de decembro, a Corporación municipal aprobou por unanimidade a moción presentada polo grupo socialista para instar á Xunta a dotar a Cortegada de medios exclusivos e emprazados na illa para loitar contra o lume. Nesta mesma moción tamén se demandaba á administración autonómica a creación dun Centro de Interpretación de Cortegada, recurso necesario para dar a coñecer o valor e riqueza natural, histórica e etnográfica da illa e co que contan, por exemplo as Cíes. O rexedor tamén comentou o punto con Díaz quen emprazou ao Concello a ir buscando posibles emprazamentos para estudar as viabilidade de materialización.

A importancia que o PRUX ten para Vilagarcía e para os axentes sociais de Carril quedou patente na resposta á convocatoria, á que asistiron todos os colectivos e entidades citados: sectores produtivos do mar, empresas turísticas, asociacións veciñais e entidades de Carril. O seu interese vén dado porque documento regulará as condicións nas que se poderán realizar estes servizos e mesmo a explotación dos recursos marisqueiros e pesqueiros situados nesta área do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Neste sentido, a directora xeral quixo tranquilizar a todos os presentes, especialmente a mariscadores e parquistas, garantindo que o novo Plan non afectará a actividade marisqueira xa que non se modifican as actuais condicións de explotación. Tampouco haberá cambios, segundo indicou no encontro a directora xeral, nos cupos de visita á illa - aspecto que preocupaba ás empresas que se encargan de organizar os tours e visitas guiadas-, posto que se consideran apropiados para garantir a preservación do espazo natural sen masificalo nin degradalo.

Díaz insistiu en que o Plan Reitor de Usos e xestión é moi necesario e beneficioso para todos xa que o seu obxectivo é conservar o ecosistema tan especial que forma Cortegada e a súa contorna, máis aínda cando se está tramitando a candidatura do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para ser declarado Patrimonio da Humanidade. A directora engadiu que este documento está en fase inicial de tramitación, que dentro dunhas semanas someterase á exposición pública para que os interesados poidan consultalo previamente a súa aprobación.

A responsable autonómica lembrou que o anterior Plan de Usos non chegou a aprobarse por falta de respaldo, polo que confiaba en que nesta ocasión o PRUX conte co consenso e chegue a bo fin.

O Concello convoca aos colectivos de Carril á presentación do Plan Reitor de Usos de Cortegada
O Concello de Vilagarcía acolle mañá ás 10 horas a presentación do Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) da Illa de Cortegada, acto ao que foron convocados os sectores produtivos do mar, empresas turísticas, asociacións veciñais e entidades de Carril. A directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Ana Díaz, será a encargada de informar sobre os usos previstos e, de habelos, os cambios respecto á situación actual. O alcalde, Alberto Varela e o concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, asistirán á reunión á que foron convocados a Confraría de Pescadores de Carril, a agrupación de Parquistas, as mariscadoras, a asociación AmarCarril, Albamar, Corticata, a PDRA, o Gato Negro, a asociación de Mulleres Rurais e Rompetimóns.
08.01.2018.- A xuntanza informativa de mañá garda especial interese para os sectores produtivos e as empresas que ofrecen ou pensan ofrecer servizos turísticos relacionados con Cortegada, posto que o PRUX regulará as condicións nas que se poderán realizar estes servizos e mesmo a explotación dos recursos marisqueiros e pesqueiros situados nesta área do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Trátase pois, dun documento básico para garantir a conservación de Cortegada como Parque Nacional que debe equilibrarse co mantemento das actividades económicas existentes e as futuras. Por ambas razóns, a xuntanza ten tamén unha gran importancia para o executivo local que, entre outros aspectos, demanda á Xunta de Galicia medios propios para a loita contra o lume exclusivos e emprazados en Cortegada, así como cun Centro de Interpretación. Precisamente, no Pleno de decembro aprobouse por unanimidade unha moción instando á Xunta a atender estas dúas peticións.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...