Julio Torrado critica que o goberno galego “queira responsabilizar da gripe aos cidadáns que a collen, como responsabilizou aos condutores do bloqueo da AP-6”

XornalGalicia  10 Enero 2018  298 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, dixo hoxe que “lamentablemente, se hai algo máis previsible que o pico da gripe é a incapacidade de Sanidade para xestionalo”. Así o dixo logo de constatar o “desastre” da xestión de urxencias e de trasladarlle o respaldo dos socialistas galegos ás demandas de máis recursos e condicións laborais dos profesionais da sanidade pública.

 

Preguntoulle a Feijóo “onde están” os recursos comprometidos para desafogar a situación da sanidade pública, e tildou de “desolador” unha situación provocada por “un goberno que non sabe xestionar por ser cicatero”. Os socialistas galegos presentaron unha batería de iniciativas para reclamar o incremento dos recursos de persoal, así como os protocolos de actuación e os informes sobre o seu funcionamento ante a saturación de urxencias.

Ademais, criticou a resposta do goberno galego ás críticas transmitidas polos profesionais da sanidade xa que, dixo, “van ser agora os cidadáns os culpables de coller a gripe”. Comparouno coa reacción do goberno fronte ao colapso da AP-6 sinalando que “daquela resulta que a culpa foi dos condutores, e agora a culpa da gripe a van ter os que enferman”.

Desaxuste

Torrado subliñou hoxe a “incompetencia” do conselleiro de Sanidade, que aprobou a finais de novembro unha transferencia de 42 millóns de euros para un desfase da partida de implantes e material sanitario no III trimestre. Lembra que a Consellería repite un desaxuste de 100 millóns nesa partida cada ano dende 2015 sen que a Xunta teña a ben prevelo nos Orzamentos.

O responsable socialista lembra que en 2015 tiñan previsto 200 millóns e gastaron máis de 300, en 2016 orzamentaron 220 e gastaron 315, e en 2017 fixaron a partida en 219 millóns e no terceiro trimestre do ano xa tiñan gastados 300 millóns, un desfase que obriga ao conselleiro a “rapiñar” fondos de calquera outra partida do goberno galego.

Considera “gravísimo” que para cubrir este burato e “subsanar o seu déficit de xestión”, retíranlle fondos ás partidas de prevención de incendios, innovación educativa –case 2 millóns-, comedores escolares –case 1,5 millóns- ou o 5 por cento dos orzamentos de toda a Consellería do Mar.

Lamentou que evidencia un problema de “xestión ineficiente” por parte duns “malos xestores” que presentan uns orzamentos “opacos e inservibles”, nun documento que finalmente “non vale para nada”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...