116 voluntarios conservaron a natureza en As Mariñas no 2017

XornalGalicia  02 Enero 2018  99 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Fundación Fragas do Mandeo fai balance dun ano de actuacións para preservar a biodiversidade da comarca de As Mariñas.

Betanzos, 2 de xaneiro de 2018: Fragas do Mandeo viviu o cambio de ano traballando pola conservación da natureza da nosa bisbarra.

 

O día 30, doce voluntarios estiveron traballando no monte da Espenuca na restaura-ción ecolóxica dunha parcela de 16.846 m2 situada na aba norte do miradoiro, ó pe da capela. Grazas a estes esforzos, o antigo eucaliptal vai agora camiño de converterse nun bosque autóctono.

O día de ano vello, para despedir o ano que remataba, un dos nosos voluntarios reco-lleu nun camiño do espazo natural protexido do encoro de Abegondo-Cecebre 200 bo-tellas de vidro e varias bolsas de refugallos. Logo, dedicou o aninovo a transportar as ducias de bolsas de lixo que tamén estivera enchendo con refugallos atopados no pro-pio encoro os días anteriores. Chegou a retirar 602 quilos de lixo soamente na zona da cabeceira do encoro que forma o río Mero augas arriba da ponte de Seixurra. Entre os refugallos había de todo: plásticos, vidros, latas, cerámica, calzado, etc., pero tamén dúas rodas de camión, unha roda e unha batería de coche, e 261 botellas de vidro. Ex-trapolando estes datos a toda a superficie do espazo natural protexido e camiños do seu arredor, estimamos que debe haber preto de 4 toneladas de residuos.

Estas actuacións soamente foron o colofón dun ano de intenso traballo que resumimos a continuación:

Voluntariado: No ano 2017 organizamos 24 xornadas de voluntariado ambiental. Con-tamos coa participación de 116 persoas, con igual número de homes que de mulleres, e cunha idade media de 48 anos. Totalizaron 246 xornadas de traballo, sendo a media de 2,1 xornadas por persoa.

Montes: En Fragas do Mandeo custodiamos actualmente 259.048 m2 de monte, dos que 96.425 m2 o son en propiedade, 147.863 m2 mediante acordos de custodia de até 50 anos e 14.760 m2 grazas a un arrendamento a 30 anos. Nestas parcelas eliminamos os eucaliptos, as transformamos en bosque autóctono e conservamos a súa biodiversi-dade. Están situadas nos concellos de Coirós, Aranga, Oza-Cesuras e Sobrado. NOTA DE PRENSA

Ríos: Eliminamos 15 especies exóticas e retiramos periodicamente o lixo en 14 km dos ríos Mandeo e Mendo. Adicionalmente, no 2017 actuamos por primeira vez no río Ca-llou (Bergondo), onde nun tramo de 2 km recollemos 10 toneladas de lixo e 2 m3 de dúas especies exóticas invasoras.

Praias: Temos eliminado 14 especies invasoras e recollemos periodicamente lixo nas praias da Alameda e Grande de Miño. Nesta última praia, precisáronse tres viaxes de tractor para transportar tódolos restos vexetais das invasoras eliminadas no 2017.

Marisma: Na xornada de limpeza realizada en Mariñán no mes de setembro retiramos un total de 14 m3 de lixo, máis 1,5 m3 de uralita con amianto contaminante e 72 rodas (62 de camión, 1 de tractor e 9 de coche).

Reservas naturais: No 2017 realizamos tarefas de mantemento na Reserva de Anfibios do Catorce (Coirós), que creamos no ano 2016. Tamén avanzamos na creación dunha segunda reserva de anfibios no concello de Oza-Cesuras. Periodicamente facemos la-bores de mantemento no observatorio ornitolóxico da lagoa de Sobrado dos Monxes.

Fragas do Mandeo agradece a tódolos seus voluntarios o seu compromiso pola conser-vación da natureza, especialmente a aqueles que veñen de tan lonxe como Santiago, Ferrol ou Guitiriz. E tamén ós seus doadores, algúns deles residentes no estranxeiro e noutras comunidade autónomas, pois fan posible que sigamos mercando montes onde poder eliminar eucaliptos e acacias para así restaurar as nosas fragas.

Dende Fragas do Mandeo animamos a tódolos amantes da natureza a ser parte activa na súa conservación durante este ano 2018 que comeza. Calquera pode participar nal-gunha das numerosas xornadas de voluntariado que organizamos ó longo do ano ou facer unha modesta doazón (que deduce na declaración da renda até o 75 %) para po-der seguir mercando montes que se destinarán a perpetuidade á conservación da súa biodiversidade. Basta con poñerse en contacto connosco a través do correo electróni-co Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 105 903.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...