Aprobada a redacción do proxecto da Vía Verde Santiago-Cerceda

XornalGalicia  26 Diciembre 2017  433 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos, o convenio para a redacción do proxecto de construción da Vía Verde, un itinerario de sendeirismo e cicloturismo de 36,5 quilómetros sobre a antiga vía do ferrocarril que unirá Compostela e Cerceda.

A institución provincial compromete un investimento de 32.000 euros, o 80% do custe total da elaboración deste proxecto; mentres que os concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda achegarán 8.000 €, o 20% restante.

Tras varias reunións na Deputación, os concellos polos que decorrerá esta Vía Verde xa asinaron este verán un protocolo conxunto para a transformación da antiga vía férrea na primeira vía verde de Galicia en lonxitude. Nel, solicitaron a ADIF a cesión dos treitos afectados e mostraron a súa disposición a asumir a xestión, promoción e mantemento da infraestrutura.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, destacou a "importante repercusión turística e socioeconómica que terá para os cinco concellos a construción da Vía Verde", que servirá ademais como "elemento de vertebración do territorio, facilitando a conexión entre os núcleos rurais polos que discorre".

 

Promoción da mobilidade sostible

Formoso afirmou que a aprobación do convenio refrendado hoxe polo pleno supón "un paso máis para facer que a Vía Verde sexa pronto unha realidade" e subliñou que esta iniciativa "coincide na súa filosofía con outras apostas da institución pola promoción da mobilidade sostible", como a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña.

A Vía Verde Santiago-Cerceda suporá ademais unha alternativa segura para os ciclistas e sendeiristas, que evitarán circular polas marxes da estrada; así como para os peregrinos que transitan pola ruta xacobea Santiago- A Coruña-Fisterra, que poderán percorrer parte dela atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural.

A vía Verde terá unha lonxitude total de 36,5 quilómetros, dos que 10,18 corresponden a Santiago de Compostela, 7,15 a Oroso, 8,55 a Ordes, 2,46 a Tordoia e 8,16 a Cerceda.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...