Eva Solla denuncia a falta de previsión da Xunta de Galicia ante os colapsos nas urxencias

XornalGalicia  13 Diciembre 2017  472 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Esquerda Unida denuncia, de novo un ano máis, que a planificación da Consellería de Sanidade brilla pola súa ausencia ante a vaga de gripe, previsible nesta época do ano e que está a colapsar as urxencias en Galicia. Segundo explica a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “se ben a Xunta traslada cada ano que é normal que se colapsen as urxencias polo incremento de enfermidades de carácter respiratorio, doutra banda, non se fixo ningún tipo de planificación á hora de impedir a situación que estamos a vivir: pacientes esperando por camas nos corredores das urxencias”.

 

Tal e como explica Eva Solla, Compostela, Ferrol ou outras áreas sanitarias pasan por unha situación complexa, aínda que non é comparable co que está a acontecer en lugares como A Coruña ou Vigo. “En Vigo é vergoñento ter un Hospital como o Mexoeiro, medio baleiro, cunha planta desocupada, cando os pacientes seguen a acumularse nas Urxencias. No caso da Coruña, temos unha planta enteira no Abente e Lago e unha planta completa no Materno que non estar a ser utilizadas”, expón a tamén vicepresidenta do Parlamento de Galicia.

“As traballadoras e os traballadores que visitamos recentemente nos trasladan que a situación de sobresaturación do servizo de urxencias é máis habitual do que se coñece e que, en ocasións, hai camas nos corredores das Urxencias, algo que é totalmente incomprensible cando a Xunta de Galicia fixo unha reforma do servizo das urxencias na que defendeu que —con dita reforma—, estes problemas ían a ser solucionados”, sinala Solla.

Para que non se chegue a estas situacións de colapso, Esquerda Unida demanda un incremento de persoal sanitario público para traballar nos propios servizos de urxencias. Neste senso, Eva Solla lembra que “o persoal de urxencia e o persoal de hospitalización é insuficiente, o que fai que, aínda por riba, se incrementen as dificultades para trasladar os ingresos que se derivan destas urxencias”.

“A redución drástica e dramática de persoal de atención primaria fai que moitas máis persoas recorran á atención de urxencias hospitalarias ante casos de enfermidades respiratorias, o que é contraproducente, xa que axuda a colapsar estes servizos”, temina Solla.

Ademais, dende Esquerda Unida denunciamos a falta de previsión e a mala xestión da administración que, sumada aos perversos recortes en sanidade, está a provocar situacións tan críticas como a actual.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

Sábado, 06 Enero 2018
@XulioFerreiro representa o peor da "indecencia política" a nivel Nacional, "defeca" nos seus mesmas palabras e promesas electorais..Poñendo ao descuberto o que hai detrás das mareas

  Para os incrédulos o alcalde da Coruña, converteuse en presidente da Empresa Municipal Augas da Coruña (EMALCSA), Xulio Ferreiro onde A"atesoura de forma oculta á cidadanía" tesouros públicos en...