Inxusta derrota dun bo celta en Mestalla (2-1)

XornalGalicia  11 Diciembre 2017  487 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dous penaltis a favor non sinalados e un en contra no tramo final tumbaron ao Celta, que realizou un muy bo partido en Mestalla. Inxusta derrota dun Celta superior que topouse cuna serie de inxustizas finalmente insuperables. Iago Aspas anotou o tanto do conxunto vigués.

 

Tras un gran susto inicial, un balón ao pau a saída dun córner, o Celta tomou con autoridade o control do xogo, con longas posesións e boas chegadas. Aos 10 minutos, gran penetración de Jonny e claro penalti non sancionado. Mellorou  o cadro local e igualouse o choque, con moita pugna no centro do campo e verticalidad en ataque.

Aos 28 minutos o Valencia adiantouse cun saque de esquina que cabeceou Zaza á rede. O Celta, con bo fútbol, puido empatar con varios remates en especial cun cabezazo de Iago Aspas que despexou Neto cunha parada espectacular.  O descanso chegou coa mínima vantaxe do equipo local.

Trala reanudación, no primeiro minuto, Iago Aspas empatou o partido cun  remate certeiro tras un rexeite da zaga.  Pouco despois, novo penalti, esta vez sobre Lobotka, non sinalado.  O Celta buscou o segundo con empuxe e dispuxo de boas ocasións.

E o que non se pitou  en dúas ocasións na área do Valencia, pitouse na do Celta nunha xogada dubidosa. Penalti a favor do Valencia no tramo final. Rubén a punto estivo de detelo, pero o coiro acabou na rede. Tremendo varapalo, e inxustiza, a falta de menos de dez minutos para o final.

FICHA TÉCNICA

2-Valencia CF: Neto, Montoya, Paulista, Vezo, Gayá, Carlos Soler (Nacho Gil, min.61), Parejo, Kondogbia, Andreas Pereira (Maksimovic, min.89), Rodrigo (Santi Mina, min.66) e Zaza.

1-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Guidetti min.83), Fontás, Jonny, Lobotka, Tucu Hernández, Wass,  Aspas, Sisto (Emre Mor, min.82) e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.28: Zaza; 1-1, min.46: Iago Aspas; 2-1, min.81: Parejo, de penalti.

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amonestou a Zaza, Kondogbia, Maxi Gómez, Iago Aspas, Fontás.

Campo: Mestalla

 

  

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Ciudadanos Cs A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miércoles, 14 Febrero 2018
Ciudadanos Cs  A Coruña critica “el desprecio” de la Marea Atlántica por los Carnavales de Monte Alto

Miguel Ángel Rosende: “La falta de previsión e interés por los carnavales de la calle de la Torre por parte de este gobierno es indignante” A Coruña 14 de Febrero...