"Taco de outono" e "Mexillón galego que se volveu nikkei", tapas gañadoras da décima edición de Santiago(é)tapas

XornalGalicia  30 Noviembre 2017  387 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Museo do Pobo Galego acolleu a gala de entrega de premios da décima edición de Santiago(é)tapas, concurso de tapas organizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela que se celebrou do 2 ao 19 de novembro. Desta vez consumíronse máis de 34.000 tapas, cun crecemento de máis do 10% respecto ao ano pasado. Nesta edición do concurso participaron 70 establecementos de Santiago, que ofrecían 101 distintas. Competían por oito premios distintos. As tapas premiadas foron:

 

- Primeiro Premio do Público: "Taco de Outono", de Artesana Gastrobar.

- Premio do Xurado á Mellor Tapa: "Mexillón galego que se volveu nikkei", de Izakaya Markesa.

- Segundo Premio do Público: "Vieira en crema de coliflor con emulsión da Vera", de Hotel Arco de Mazarelos.

- Segundo Premio do Xurado á Mellor Tapa: "Xurelo, café e ensalada de outono", de O Ferro.

- Premio Especial X Aniversario, premio concedido polo público coas súas votacións valorando a experiencia global que tivo no establecemento: "Up", de ACDC.

- Premio (é)tapas+, concedido por un xurado especializado ao establecemento máis activo na promoción do concurso nas redes sociais: A Nave de Vidán.

Por terceira edición consecutiva, Santiago(é)tapas estivo organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Este ano contou por primeira vez con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord, Coca Cola. Tivo tamén a colaboración institucional da Deputación da Coruña.

No acto de entrega a concelleira de Turismo, Marta Lois, destacou que esta "foi unha edición cun gran nivel de consumo, con máis de 34.000 tapas vendidas e un crecemento de máis do 10% respecto do ano pasado. E tamén foi unha edición cun gran nivel de calidade das tapas, nunha clara mostra das capacidades dos nosos cociñeiros e cociñeiras".

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...