OS SOCIALISTAS ACUSAN AO PP DE “CELEBRAR DOAZÓNS PRIVADAS” PARA SANIDADE PERO “REXEITAR A PROPOSTA DE AS PONTES DE DONAR O APARATO DE RAIOS QUE NECESITA O CENTRO DE SAÚDE

XornalGalicia  29 Noviembre 2017  268 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Julio Torrado considera “sectarismo podre” a negativa a dotar de medios e persoal ao centro “só porque ten un goberno socialista”

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 17. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, censurou hoxe o “sectarismo podre” demostrado polo PP ao negarse mesmo a aceptar a doazón do Concello de As Pontes para o servizo de Radioloxía do Centro de Saúde. No debate dunha proposición non de Lei en Comisión, criticou que “os mesmos que celebran doazóns privadas para a sanidade impiden a doazón dun concello só porque ten goberno socialista”.

 

Lamentou que o PP rexeitara tódolos seus intentos por aprobar a proposta cunha votación por puntos e mesmo propoñendo consensuar unha emenda in voce, co que finalmente a proposta foi rexeitada. Preguntou se “non valen as doazóns dos veciños que queren asumir o custe do aparato de raios a través do Concello” e ironizou co feito de que “só valería se é a central de Endesa quen fai a doazón pero non do goberno local”.

Criticou o empecinamento do PP en negarlle este equipo ao Concello de As Pontes cando, ironizou, “trátase dun servizo co que si que contan noutros concellos como o de Vilalba, que casualmente está gobernado polo PP”. Mentres, dixo, en As Pontes restrinxen unha dotación necesaria para un concello que xa de por si ten distancias grandes, de máis de 20 quilómetros, ata o centro de saúde, e “non está pegado a ningún hospital”.

Ratios de papel

Explicou ademais que fixen “ratios de papel” na atención sanitaria para un concello que, de acordo co previsto, estaría ben dotado con 7 facultativos, pero a realidade fai que “non substitúen persoal e incrementan a carga dos que si están traballando”. Sinalou que “acumulan 50 persoas con médico, o que supón que, facendo toda a xornada sen parar un momento, só poderían dedicarlles 6 minutos a cada paciente”.

Lembrou que “no verán acumularon ata 3 ausencias de médicos por baixa ou por vacacións, que estiveron sen substituír durante varios días, ata unha semana nalgúns casos”. Esta situación fai que “as ratios que vostedes pintan non valen, porque se negan a cubrir as baixas, impoñen a precarización laboral, provocando a saturación e polo tanto a redución da calidade na atención sanitaria”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...