Os bombeiros de Galicia alertan ao PPdeG que algún día conseguiremos rescatar a nosa profesión do secuestro en que se atopa na Xunta, consecuencia do LUCRO PRIVADO.

XornalGalicia  24 Noviembre 2017  406 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ao longo destes días estamos a ler con interese e tamén con certo malestar noticias
en prensa escrita sobre as declaracións de Alfonso Rueda no Parlamento Galego.
Como de costume declaracións e propostas con falta de rigor e seriedade ante a
problemática que presentan as emerxencias na nosa Comunidade Autónoma.
Lembremos unha vez máis que a problemática en Galicia é a situación de
precariedade en que se atopan estes servizos esenciais. Existe un determinismo polo
que se dá esta situación, e para coñecelo debemos retroceder até o ano 2000. Ano en
que o Partido Popular deseñaba o seu sistema “pioneiro” de Parques de Bombeiros
Privatizados.


Non pretendemos estendernos demasiado, simplemente lembrar que ao longo destes
anos foise demostrando unha e outra vez que este sistema non funciona, que é un
absoluto desastre, que só resulta beneficioso para as empresas privadas que se
LUCRAN coa súa xestión.
Para tentar emendar esta ineficacia téñense tomando pequenas medidas, como
integrar os Consorcios Comarcais iniciais en Consorcios Provinciais, buscando
homoxeneizar e abaratar custos, en liña co defendido desde o colectivo, a
homoxeneización dos Servizos de Bombeiros galegos como recolle a Lei de
Emerxencias de Galicia 5/2007 de 7 de maio na súa disposición adicional terceira.
Mentres tanto seguimos vendo que este desastre de sistema “pioneiro” cae polo seu
propio peso, xa que constantemente incumpre coas súas obrigacións. Repetimos,
tomando unicamente PEQUENAS MEDIDAS, ao que preferimos denominar PARCHES,
pois o único que se busca é tapar as vergoñas do señor Rueda, prolongar un pouquiño
máis esta “rendible” situación, rendible non para a poboación pero si para certos
empresarios.
Estes días volvémonos a atopar outra vez con outro PARCHE a petición de Rueda,
outro “veña, que o seguimos estirando” como é a comarcalización dos Parques de
Bombeiros das cidades galegas, e ademais, cunha oferta “especial” de 1 ́7 millóns de
euros. Oculta con todo a redución de persoal sufrida nos últimos anos nos servizos de
Bombeiros municipais a consecuencia da taxa de reposición de efectivos, imposta polo
goberno do Estado, tamén do PP, o que xa dificulta dar un servizo adecuado aos seus
concellos, e facendo consecuentemente inviable dotalos do persoal suficiente para
estender a súa acción ao ámbito comarcal.

A nós non nos enganan, sabemos cal é a intención do brinde ao sol das
comarcalizacións. A intención é prolongar no tempo este subdesenrolo, crear máis
GES Que é un GES no mundo das emerxencias Señor Rueda?, continuar coa
explotación privada, manter o CIAE 112 na mesma situación de precariedade,
continuar coa AXEGA como unha axencia de colocación de persoal afín, así como a
AGASP, etc...
A SOLUCIÓN que vimos reclamando e lembrando aos políticos é o RESCATE dos
parques privatizados e A REGULACIÓN da profesión, e con iso e o levantamento da
taxa de reposición si que poderemos falar de comarcalizar os Parques de Bombeiros
das cidades galegas, dun dimensionamiento adecuado de persoal en bombeiros e CIAE
112, sendo xa un servizo homoxéneo e coordinado, que elimine barreiras territoriais
absurdas, cumprindo isócronas razoables e deixando atrás esta precariedade reinante.
Debemos ter en conta que a todo isto xa obriga a Lei de Emerxencias de Galicia,
incumprida repetidamente polo goberno do PP en todo o que se refire á
homoxeneización do servizo e a racionalización e coordinación do uso dos seus
recursos. E non só incumprindo as súas obrigacións, senón mesmo impulsando
medidas contrarias a esta e fomentando aínda máis a heteroxeneización e atomización
dos servizos de emerxencias.
Pedimos criterio e seriedade nas decisións políticas, que fagan un esforzo en
abstraerse dos seus intereses particulares e actúen segundo o interese común da
sociedade galega dunha vez por todas. Que lexitimen a súa posición con actos
honestos e responsables, e se non é así, se non se mostran capaces, que se aparten e
DIMITAN.
Non consentiremos máis parches que prolonguen no tempo este sistema, máis faltas
de respecto á nosa profesión. Seguiremos traballando desde a Mesa e a Plataforma co
apoio dos nosos compañeiros, facendo públicas todas estas deficiencias cunha
intención sincera, clara e honesta. Algún día conseguiremos rescatar a nosa profesión
do secuestro en que se atopa, consecuencia do LUCRO PRIVADO.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...