Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Rajoy perde apoyos de forma vertiginosa, se esta quedando solo vixo acusacións de dictador e fascista.- Confederación Intersindical, Confederación Intersindical Galega (CIG), COS Països Catalans, CSI Asturies, CUT Aragon, CUT Galiza, ELA Euskal Herria, ESK Euskal Herria, FSOC Canarias, IAC Catalunya, Intersindical CSC, Intersindical Valenciana, LAB Euskal Herria, SAT Andalucia, STEI Balears e STEILAS veñen de asinar un manifesto conxunto en apoio e solidariedade co pobo de Catalunya.

Comunicado Sindical ante o que está sucedendo en Catalunya
 

O sindicalismo de clase das distintas nacións do Estado español, quere transmitir á opinión pública a súa opinión sobre o que durante os últimos días está sucedendo en Catalunya.

Comezamos recoñecendo a lexitimidade democrática das decisións e acordos tomados polas institucións catalás, amparadas no Parlament de Catalunya, espazo de representación política soberana do seu pobo, elixido democraticamente.

Manifestamos a nosa máis enérxica repulsa ante a aplicación, por parte do Estado Español, do artigo 155 da Constitución Española, destituíndo a un goberno lexítimo e democraticamente elixido e anulando de facto o auto goberno de Catalunya e, polo tanto, as súas institucións, que vén ser un auténtico golpe de estado á democracia.

Denunciamos a persecución xudicial e a represión contra a cidadanía de Catalunya que se concretou coas detencións dos presidentes da ANC e OMNIUN Cultural, a detención do vicepresidente e oito consellers e coa citación xudicial do President Carles Puigdemont, do resto do goberno e da Mesa de Parlament de Catalunya ademais da detención de persoas que denunciaron nas redes sociais a actuación policial do pasado 1 de outubro. Unha escalada que parece non ter límites e que nos pode levar a un proceso de importantes consecuencias políticas, onde non só se cuestiona o dereito de auto-determinación dos pobos, senón tamén se vulneran dereitos civís fundamentais, como a liberdade de expresión e manifestación. E todo isto impulsado, paradoxalmente, polo goberno máis corrupto de Europa co apoio cómplice, ben por acción, ben por omisión, doutras forzas políticas reféns do réxime do 78 e da súa anacrónica monarquía.

Queremos mostrar o noso apoio ao pobo de Catalunya, que se enfronta a un estado profundamente antidemocrático que se negou, durante máis de 10 anos, a dialogar e a buscar unha saída pactada ao conflito. Non houbo ningún interese en facelo, por ese motivo recorreuse ao Tribunal Constitucional o Estatut aprobado polo Parlament Catalá, as Cortes Españolas e aprobado en referendo polas catalás e cataláns, e por ese motivo negouse a convocatoria dun referendo pactado entre todas as partes para que a cidadanía catalá se poida expresar sobre o seu futuro.

O pasado 1 de outubro votaron 2.286.217 de persoas (unha participación do 43% do censo). O si obtivo 2.044.038 votos (90,2% do voto válido), por 177.547 do non (7,8%) e 44.913 en branco (2%). Tamén houbo 19.719 votos nulos. Unha cantidade de votos que puido ser maior se de 2.300 colexios non se tiveran requisado urnas de 400 colexios electorais e non se usara violencia extrema causando 1.066 feridos.

Ante todos estes feitos o goberno español pecha todas as portas ao diálogo e ao consenso, a buscar unha saída pactada e democrática, ás reivindicacións das institucións e do pobo catalán poñendo en marcha medidas represivas e coercitivas e utilizando o poder xudicial para o seu propio interese partidista.

Finalmente, os sindicatos abaixo asinantes comprometémonos a seguir apoiando as decisións que libre, democrática e pacificamente vaia tomando o pobo de Catalunya, porque entendemos que a solidariedade é a tenrura entre os pobos e porque, como sindicatos de clase, entendemos que non é posible un cambio social transformador sen superar o réxime do 78. Por todo iso, seguiremos apoiando desde os nosos ámbitos e con todas as nosas forzas ao pobo de Catalunya.

Para finalizar esiximos ao Estado Español que recoñeza a vontade maioritaria do pobo de Catalunya e os dereitos que, como tal, lle corresponden e esiximos a liberdade de todas as persoas detidas, os presidentes de ANC e OMNIUM, e do vicepresidente e os oitos conselleiros do goberno catalán.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...