Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Durante a proclamación de Gonzalo Caballero, Touriño e González Laxe falarán por primeira vez ante o plenario do Congreso dos socialistas de Galicia desde que ambos deixaron a presidencia do Goberno galego

 

Caballero quere contar coas mellores referencias da historia do socialismo galego para apuntalar o proxecto de renovación do partido e a construción dunha alternativa de Goberno de esquerdas para Galicia

 

 

Santiago, 26/10/2017. Ademais da anunciada presencia do secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e do secretario de Organización, José Luís Ábalos, o XIII Congreso do PSdeG-PSOE,  que se desenvolve en Santiago este fin de semana, contará coas intervencións dos dous presidentes socialistas de Galicia, Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

 

O XIII Congreso, no que será proclamado Gonzalo Caballero como secretario xeral do PSdeG-PSOE, será o escenario no que, por primeira vez, logo de deixar a presidencia da Xunta, González Laxe e Pérez Touriño tomen a palabra ante o Plenario dun Congreso da súa formación política. Un xesto que expresa a intención de Caballero de afianzar o seu proxecto de renovación contando coas mellores referencias históricas do PSdeG-PSOE.

 

Como é tradición nos cónclaves dos socialistas galegos, haberá unha quenda de saúdos no que, entre outros e outras, intervirá a primeira muller que ocupou o cargo institucional de maior rango en Galicia, a expresidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino.

 

José Manuel Franco, secretario xeral do PSOE da Comunidade de Madrid, forma parte dos asistentes a esta inauguración do congreso dos e das socialistas de Galicia, así como   o secretario xeral das Xuventudes, Aitor Bouza, os responsables das organizacións sindicais, UGT, José Antonio Gómez; CCOO, Ramón Sarmiento e Roberto García, de Unións Agrarias. Tamén confirmaron asistencia representantes ao máis alto nivel de asociacións e organizacións non gu   bernamentais de ámbito social e do colectivo LGTBI.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...