Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Patricia Vilán reclama a posta en marcha inmediata da recuperación dos espazos protexidos queimados pola vaga de lumes

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 17. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe o “desinterese” do goberno galego coa posta en valor do medio natural. Na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para presentar os orzamentos para 2018, alertou de que ata o 30 de setembro tan só teña executado o 37,2 por cento dos investimentos previstos para Medio Ambiente.

 

Vilán sinalou que esta baixa execución convirte en “papel mollado” as contas que presenta o goberno galego porque “son datos que vostedes pintan nos orzamentos pero que despois non son capaces de gastar”, con “consecuencias dramáticas” como se demostrou na vaga de lumes do 15 de novembro.

A responsable socialista reivindicou unha nova Lei do Patrimonio Natural de Galicia para acadar “unha protección máis eficaz do patrimonio natural e da biodiversidade” e urxiu a comezar “de inmediato” coa restauración das zonas protexidas afectadas polo lume, como foi o caso da Serra do Xurés e os Ancares.

Patricia Vilán reclamou un informe do impacto dos lumes sobre estes espazos, así como sobre as especies de flora e fauna ameazadas, as árbores senlleiras e os animais silvestres afectados por uns incendios que calcinaron 35.000 hectáreas, de acordo cos datos oficiais.

Reclamou a elaboración urxente dun Plan de Adaptación de Galicia ao Cambio Climático con medidas para a redución de emisións de CO2, o fomento de tecnoloxías e infraestruturas para a adaptación do agro e a viticultura, a promoción do aforro de auga, a prevención dos efectos ocasionados polo cambio de patróns climáticos e axudas para agricultores e viticultores.

Puxo en dúbida ademais o funcionamento dos dispositivos de alerta polas previsións meteorolóxicas, e advertiu que “esta mesma fin de semana hai risco extremo de incendio”, polo que reclamou a toma de medidas preventivas con relación ás actividades forestais, circulación de vehículos ou actividades que poidan afectar á masa forestal.

Ademais, sinalou que a vaga de lumes do 15 de outubro “puxo en evidencia a mala planificación” da ordenación do territorio, xa que “moitos dos montes que arderon adoecían de falla de planificación e ficaban abandonados”. Instou a situar como prioridade as Directrices de Ordenación do Territorio, cando reducen o orzamento para o desenvolvemento e seguimento destes instrumentos de 350.000 a 55.000 euros.

Saneamento e depuración

Vilán fixo un apartado para apuntar á falla de investimento para mellorar o saneamento e depuración de augas en Galicia, nuns orzamentos que volven obviar as melloras pendentes para o saneamento das rías de Arousa e Noia, ou das depuradoras de Os Praceres ou Poio. Lembrou neste sentido que tan só executaron o 2 pro cento dos investimentos previstos para 2016, e alertou fronte a “tentación de seguir polo mesmo camiño”.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...