Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O texto reivindica os alicerces socialdemócratas e galeguistas incorporando novas referencias, como o ecoloxismo, propugna un novo modelo de partido que incorpore os adiantos sociais, ideolóxicos, democráticos, sociais e innovadores que o convertan de novo na ferramenta de transformación de Galicia

 

 

 

 

No social e no económico propón unha nova revolución que transforme a actual estrutura industrial nunha futura sociedade con novos principios e paradigmas: construir unha sociedade do benestar e da sustentabilidade

 

Santiago, 26/10/2017. Os vindeiros días 27,28 e 29 de outubro os socialistas galegos celebran en Santiago o seu XIII Congreso, que servirá para a proclamación de Gonzalo Caballero como secretario xeral do PSdeG-PSOE, logo de ser elixido en primarias pola militancia, e para a elección da Executiva e demáis órganos de goberno do partido. Ademáis, os máis de 500 delegados e delegadas do PSdeG-PSOE decidirán sobre as liñas maestras da acción política recollidas no Relatorio Marco, que será debatido nas distintas comisións, logo de ter sido debatidas previamente nas agrupacións locais.

 

 

 

Este Relatorio Marco desenvolve as seguintes liñas argumentais:

O PSdeG-PSOE é a alternativa da esquerda en Galicia.

Salienta a importancia da acción das políticas económicas.

Renova e amplía o compromiso co social e a loita contra a desigualdade.

Incorpora o ecoloxismo ó perfil ideolóxico socialdemócrata e galeguista do partido.

Revélase como un partido feminista e defensor da igualdade de dereitos.

Ofrece alternativas e esperanzas á mocidade.

A militancia cobra protagonismo no PSdeG-PSOE do século XXI, chamada a la participación activa en la acción política e na toma de decisións.

 

 

Desde unha perspectiva ideolóxica, o PSdeG-PSOE propón no seu relatorio marco recuperar o rumbo do socialismo galego, reiniciando o PSdeG. "Iniciar un novo tempo político, co PSdeG como organización de referencia da esquerda de Galicia e converter esa enerxía nunha alternativa de esquerdas e galeguista ao goberno do PP", explica a ponencia marco. En definitiva a proposta do XIII Congreso consiste en combinar a reconstrución do PSdeG co liderado social da esquerda para construír un proxecto progresista gañador para Galicia. O relatorio que debaten os socialistas galegos afirma que o PSdeG-PSOE debe manterse fiel aos seus parámetros ideolóxicos tradicionais: esquerda e galeguismo, pero incorporando novas referencias, tanto no relativo a qué se entende por esquerda no século XXI como a unha decidida asunción de elementos do pensamento ecolóxico, entre outros.

 

 

 

O texto congresual chama á dar unha resposta ética de partido, contundente e diferenciadora fronte ás de outras formacións, sinaladamente o PP, que adoitan remitirse ó que diga unha lenta e falta de medios administración de xustiza, apunta o relatorio do XIII Congreso doPSdeG.

 

 

 

"Somos verdes", reza nas súas páxinas dedicadas ás políticas ambientais. A esquerda, hoxe, non pode prescindir de incorporar o pensamento ecoloxista, e non se trata soamente do cambio climático, senón do impacto cotián do noso estilo de vida na biosfera que é o noso fogar e o das xeracións futuras.

 

 

 

Saliéntase tamén o seu ADN feminista. O socialismo participa activamente da loita polos dereitos políticos, económicos e sociais das mulleres e fai bandeira da súa sensibilidade a prol da igualdade, contra a discriminación, a violencia física ou psicolóxica contra as mulleres e a necesidade de superar a fenda entre mulleres e homes.

 

 

 

O texto a debater polos delegados do XIII Congreso do PSdeG-PSOE lembra o esquema estratéxico que levou aos socialistas galegos á presidencia da Xunta en 2005. "Esta receita, baseada na socialdemocracia e o galeguismo, segue hoxe máis vixente que nunca, pois as dificultades económicas e os graves problemas sociais derivados da crise demandan aínda unha maior aposta pola liberdade, a igualdade e a solidariedade nas políticas públicas".

 

 

 

O PSdeG debe impulsar "un novo modelo de partido que incorpore os adiantos sociais, ideolóxicos, democráticos, sociais e innovadores que o convertan de novo na ferramenta de transformación de Galicia. Converter o PSdeG no espello no que os galegos e as galegas queiran mirarse". E iso implica estar á vangarda das tendencias sociais, organizativas, culturais, da innovación e os dereitos sociais e políticos.

 

 

 

 

Modernizar Galicia

 

 

 

En termos de Economía aposta por atopar mecanismos e vías para conciliar democracia e mercado, ese é agora mesmo un dos principais desafíos da política democrática". Insta a afrontar, dende o socialismo, grandes retos do noso tempo en materia laboral: o paro, a precariedade, o baixo nivel salarial, a marxinación da xuventude, o desemprego de longo prazo, son algúns deles.

 

 

 

Considera o emprego unha das súas prioridades principais. "Temos que potenciar a estabilidade e a calidade no emprego; temos que reducir a temporalidade e a utilización causal da contratación".

 

 

 

Recoñece que "o crecemento demográfico é un compoñente esencial para o benestar social e o desenvolvemento económico de Galicia", cuxos eixos de actuación básicos deben implicar favorecer a incorporación da muller ao traballo, a extensión dos servizos sociais, facilitar a emancipación da xuventude, impulsar a mobilidade laboral e o saldo migratorio e promover a fixación de poboación nas zonas de forte despoboamento.

 

 

 

O lume é un síntoma de gran número de problemas que afectan nos últimos anos a gran parte do rural galego. É fundamental unha política forestal e de prevención.

 

 

 

A Galicia da sustentabilidade deberase construír ao redor de liñas troncais de desenvolvemento como poden ser que Galicia reduza as emisións, maior respecto ao territorio, un consenso sobre a protección integral do ciclo hídrico, a máxima eficiencia no ciclo dos materiais, unha aposta decidida pola recuperación dos ecosistemas e da paisaxe de Galicia e un compromiso coa cooperación para o desenvolvemento no eido ambiental

 

 

 

O socialismo galego propón un modelo de políticas sociais que, desde a innovación social, fortaleza os servizos públicos, garantindo un incremento progresivo do investimento anual e construíndo unha rede descentralizada. Dende a lealdade e a cooperación institucional, debe ser garante dos dereitos sociais e incorporar ao Terceiro Sector á toma de decisións.

 

 

 

A ponencia dedicase de xeito extenso á defensa do público, nomeadamente á defensa da Sistema Sanitario Público, evitando o seu deterioro a través de recortes e privatizacións e paralizando a tendencia centralizadora, que afasta os servizos da poboación periférica e da Educación, favorecendo a relación coas administracións locais para a mellora do ensino obrigatorio e tamén do non regrado e potenciando a formación profesional e a Universidade pública, dotándoas de recursos económicos e humanos.

 

 

 

A loita contra a homofobia, a educación en valores que respeten a diversidade, o apoio a medidas que impliquen a igualdade de dereitos para LGTBI constitúe parte da folla de ruta dun PSdeG comprometido coa igualdade.

 

 

 

 

 

 

 

 

Reiniciar o PSdeG para liderar un Goberno de esquerdas en Galicia

 

 

 

O PSdeG-PSOE debe dirixirse cara un novo modelo de partido, como o promovido polo PSOE no último Congreso Federal, que estea en sintonía con estes feitos, seguindo unha política de portas abertas e usando, ademais dos recursos tradicionais, os que proporcionen as novas tecnoloxías para conectarse con sectores sociais máis amplos que dispoñen das súas redes; para crear novas áreas de debate e coñecer e canalizar as demandas dos cidadáns. Isto contribuirá decisivamente a articular ao redor do socialismo galego a maioría social necesaria para gobernar.

 

 

 

Con este Congreso e a nova dirección política, o PSdG-PSOE abre unha nova etapa que pode asumir unha inflexión política e moral e sinalar un novo camiño de esperanza con renovada capacidade de mobilizar enerxías e valores do pobo galego, levando a unha gran coalición social progresista para poder afrontar os graves problemas causados polo Partido Popular durante estes anos de goberno de Galicia.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...