O SLG denuncia os primeiros ataques de lobos a ganderías tralos incendios na Serra de San Mamede, en Ourense

XornalGalicia  20 Octubre 2017  581 Votos

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

No Sindicato Labrego Galego, acabamos de ter constancia dun ataque de lobos sobre unha gandería na parroquia de Arnuide, en Vilar de Barrio, co resultado dunha vaca e un becerro mortos. Dáse a circunstancia de que, nos últimos días, a Serra de San Mamede estivo ardendo sen que houbese ningún continxente contra incendios que se encargase de extinguir o lume. Na Serra de San Mamede son habituais os ataques de lobos sobre o gando, problema que, con toda probabilidade, se verá agora agravado. E é que os últimos incendios puideron afectar gravemente aos territorios de caza e posibles presas dos lobos que habitan estes montes, de maneira que, agora mesmo, a única maneira que van ter para sobrevivir ao inverno será volver cazar e alimentarse nas granxas que hai na bisbarra.


 

Dende o Sindicato Labrego Galego temos que volver denunciar a desastrosa xestión que as Consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural están a facer á hora de garantir a convivencia da fauna salvaxe coas actividades agrarias e gandeiras. Esa política limítase a indemnizar os danos dunha maneira deficiente pois, se tes sorte de ter dereito á indemnización, esta é manifestamente cativa, obriga a unha enorme carga burocrática e, por riba, a Administración tarda ao redor de dous anos en ingresarche os cartos. O peor é que as políticas preventivas para evitar estes ataques son nulas por parte da Xunta, que abandona as granxas á súa sorte escudándose en subvencionar sistemas preventivos que non sempre é posible aplicar e que, decotío, non abondan para solucionar o problema. Agora, por desgraza, os lumes agravarán este problema no Macizo Ourensán.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...