Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

 

O xulgado do contencioso número 1 de Ourense vén de desestimar os recursos interpostos por dúas persoas contra o decreto de cesión dunha parcela municipal por parte do Concello de Trives a Repsol Butano para a instalación dun centro de almacenamento de gas propano. Ademais, condea ás demandantes a pagar as costas do proceso.

 

 

 

O decreto do 13 de maio de 2016 recollía una concesión administrativa de uso privativo sobre unha parte da finca San Roque (869 metros cadrados sobre unha superficie total de 1.652), calificada como ben de dominio público, cunha valoración de 24.231,71 euros. Contra el interpuxeron sendos recursos (que foron agrupados nun único proceso judicial) dúas persoas, que ven agora desestimadas as súas pretencións. O xuíz fala de que varios dos argumentos do recurso so inadmisibles por "desviación procesal y extemporaneidad".

 

O xulgado desestima a alegación de que hacía falta un procedimiento de concurrencia competitiva basándose no feito de que "Repsol Butano era entonces la única entidad habilitada para la prestación del servicio de gas propano en dicho término municipal, tratándose del suministro de un servicio público esencial"; recordando que segundo a Lei de Patrimonio das Administracións Públicas, a adxudicación directa é "competencia del Alcalde al no superar su valor el 10% de los recursos ordinarios del presupuesto, ni el importe de tres millones de euros".

 

Tamén desbota o xuíz a alegación sobre a valoración da parcela e do canon, posto que este cálculo foi feito por un informe técnico do arquitecto da Deputación. "En esta tesitura le correspondía a las demandantes la carga de la prueba para acreditar el posible error en la valoración y la procedencia de fijar un canon de importe superior. Debieron haber aportado o propuesto una prueba pericial de arquitecto para demostrar el hipotético error invocado. Dispusieron incluso del plazo de cinco días tras la notificación de la contestación para proponer dicha prueba pericial", recolle a sentenza.

 

"Desde o goberno sempre defendemos que a licenza estaba axustada á legalidade; e así o ratifica agora esta sentenza. Agardo que isto sirva para que a oposición se retracte das críticas verquidas contra a xestión realizada desde o goberno", asegura o alcalde, Francisco José Fernández.

 

O proxecto seguirá, noutra parcela

 

Coa sentenza na man que avala a cesión da parcela, o alcalde avanza que o proxecto de gas canalizado cambiará de ubicación. "Desde o Concello sempre quixemos que o centro de almacenamento estivera fóra do casco urbano, pero Repsol Butano non daba ningunha alternativa diferente á finca de San Roque, e accedemos porque era un servizo que entendemos esencial. Agora, Repsol pertence a Gas Natural, e si atenden á petición de ir fóra do casco. Tanto é así, que xa están buscando parcelas onde poder instalar o centro de almacenamento", explica Fernández.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...