OS SOCIALISTAS SOLICITARÁN ACTIVAR O FONDO DE SOLIDARIEDADE EUROPEO PARA AXUDAR ÁS ZONAS AFECTADAS POLOS LUMES

XornalGalicia  17 Octubre 2017  287 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

Gonzalo Caballero sinala que os incendios desta fin de semana evidencian o “fracaso da política forestal e medioambiental” da Xunta

 

 

 

Pedro Sánchez lamenta a “carencia absoluta de estratexia nacional de loita contra o lume”

 

 

 

 

Nigrán, 17 de outubro de 17. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, anunciou hoxe que o próximo xoves manterá un encontro co presidente da Comisión Europea, Jean – Claude Juncker, a quen lle pedirá activar o Fondo de Solidariedade Europeo para apoiar ás zonas do sur de Galicia afectadas polos lumes. Así o dixo durante unha visita á zona xunto co secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero.

 

 

 

O responsable socialista quixo “estar hoxe coa xente, trasladarlles a nosa solidariedade, cariño e respecto” e reafirmar o “compromiso do PSOE” para intentar evitar este tipo de sucesos. Sinalou que “hoxe é día de intentar sofocar os lumes e estar cos afectados, sendo leais coa sociedade galega e non facer como fixo o PP cando estaba na oposición”.

 

 

 

Reafirmou a “cautela” nas declaracións cando aínda quedan focos activos, pero advertiu da “falla de políticas de prevención da Xunta de Galicia”, así como dunha “carencia absoluta dunha estratexia nacional contra o lume”. Reivindicou así máis recursos, políticas preventivas, recuperar a estratexia de desenvolvemento rural e a reconstrución da lexislación desmantelada polo PP, sinaladamente a Lei de Desenvolvemento Rural e a Lei de Montes.

 

 

 

Así o dixo no transcurso da visita a Nigrán, acompañado polos alcaldes desta localidade e de Gondomar, así como da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e representantes políticos e institucionais dos socialistas galegos. A continuación visitaron as zonas afectadas en As Neves, para rematar a xornada da mañá cun encontro co alcalde de Vigo, Abel Caballero, con quen visitaron os lugares afectados polas llamas nesta cidade.

 

 

 

Fracaso

 

 

 

O secretario xeral electo do PSdeG, Gonzalo Caballero, que comezou lembrando de novo ás vítimas e amosando o apoio aos seus familiares, así como aos efectivos do servizo de extinción, confirmou o “apoio aos cidadáns que a pé de rúa loitan contra o lume ao carón das súas casas”. Sinalou que, diante da situación desta fin de semana, “resulta evidente o fracaso da política forestal e medioambiental do goberno galego”.

 

 

 

Dixo que “non podemos permitir que os cidadáns galegos teñan que estar agardando a que chova para ver unha solución aos lumes forestais”. Emprazou a rematar cos traballos de extinción do lume para realizar unha “avaliación dende o PSdeG do fracaso provocado pola incompetencia e imprevisión da Xunta de Galicia”.

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...